Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de outubro de 2014

Os corredores quentan motores coa MasterClass de Novo Mesoiro con Andrés Díaz

Máis de 30 participantes déronse cita no Palacio dos Deportes de Riazor para gozar dunha sesión de adestramento para a Popular de Novo Mesoiro, segunda proba do circuíto #CoruñaCorre que se realizará o próximo 2 de novembro, xunto ao atleta internacional e outros profesionais cualificados. Os runners puideron coñecer, ademais, toda as vantaxes do Club do Corredor, iniciativa abandeirada por Andrés Díaz.

Os corredores que tomarán a saída na segunda proba do Circuíto de Carreiras Populares #CoruñaCorre o vindeiro domingo día 2 puideron gozar dunha MasterClass xunto ao atleta internacional Andrés Díaz, que xunto a outros dous profesionais cualificados dirixiu unha sesión de adestramento no Palacio dos Deportes de Riazor dende as 11.30 horas.

Máis de 30 runners déronse cita na MasterClass que comezou con 25 minutos de trote polo Paseo Marítimo xunto ao atleta olímpico a ritmo suave para ir entrando en calor. Seguidamente, os corredores levaron a cabo exercicios de forza xeral e forza específica. En todo momento, as persoas participantes puideron resolver as súas dúbidas e comentar as súas impresións sobre os diferentes exercicios. A continuación, Andrés Díaz levou a cabo diferentes actividades para mellorar a técnica de carreira incidindo en aspectos como a pisada, a forma de lanzar a perna ou a mecánica da propia zancada, ademais de detalles como a correcta posición do corpo para mellorar a eficiencia en carreira e previr lesións.

Para cerrar a MasterClass o atleta olímpico dirixiu diferentes estiramentos, volvendo destacar a súa correcta realización como garante para previr lesións, ademais de dar pautas para previlas e poder gozar así de forma plena do running. Por último, abriuse unha quenda de dúbidas e preguntas na que os corredores puideron intercambiar impresións cos profesionais e co propio Díaz.

Así mesmo, tras finalizar a MasterClass explicóuselles a todas as persoas asistentes en que consiste o Club do Corredor, iniciativa apadriñada por Andrés Díaz e nacida con vocación de ser un punto de referencia para corredores populares que queiran iniciarse no running ou dar un paso adiante na súa preparación de forma responsable, controlada e saudable. Para inscribirse os atletas teñen que rexistrarse na web www.elclubdelcorredor.com e seleccionar a oferta que sexa do seu interese. Deberán efectuar o pago e a partir dese momento fixarase unha data para que sexan sometidos a un test inicial que valorará a súa condición física. En función dela, os profesionais do Club do Corredor preparan un plan de adestramento acorde para que a súa eficiencia e o seu aproveitamento por parte do runner sexa óptima.

O corredor terá un asesoramento e seguimento individual, estará en contacto co seu adestrador e poderá reunirse con outros runners en quedadas e saídas para adestrar, ademais de resolver as súas dúbidas e facer consultas sobre nutrición, podoloxía, traumatoloxía, adestramento forza, psicoloxía ou fisioterapia. Ademais, todos os atletas inscritos no Circuíto #CoruñaCorre terán un 50% de desconto na cota mensual no Club do Corredor e un 100% na matrícula. Este aplicarase aos 100 primeiros anotados. Iso supón que pola módica cifra de 10 € ao mes poderás ter unha programación dos teus adestramentos, e mellorar a súa calidade previndo lesións e optimizando o rendemento.

A #PopularNovoMesoiro quere que os seus runners vivan as mellores experiencias e coa realización desta MasterClass confirma o seu gusto por dar valor engadido a todos os aspectos que rodean a proba do próximo domingo día 2.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión