Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de novembro de 2014

Os corredores de Novo Mesoiro opinan e Coruña Corre mellora grazas a eles

Arredor de 400 participantes da IV Carreira Popular de Novo Mesoiro, III Memorial Iván Rocha, contestaron á enquisa de satisfacción enviada dende a conta municipal carreraspopulares@coruna.es. As súas opinións, coma en todas as ocasións, ofrecen conclusións valiosas sobre aspectos para mellorar, dentro dunhas boas puntuacións xerais.

A segunda cita do terceiro circuíto municipal de carreiras populares Coruña Corre aprobou con nota a avaliación das persoas participantes. Tantos os datos extraídos das 11 preguntas cerradas da enquisa, como o estudo das respostas ás 7 preguntas abertas, ofrecen datos positivos e, como é habitual, algúns apuntamentos importantes que se transformarán en medidas para intentar mellorar as nosas carreiras.

Nesta ocasión todos os aspectos relativos á organización alcanzaron valores altos de satisfacción, alcanzando medias por encima de 3 puntos sobre 4. Estamos especialmente atentos ás opinións sobre o novo servizo implantado xa nos Rosales, da ludoteca infantil. En Novo Mesoiro multiplicouse o número de beneficiarios, e as opinións son moi boas, tanto a nivel organizativo como do labor desempeñado polos monitores. Procuraremos manter esta liña.

De igual forma alcanzan puntuacións moi altas, seguindo a tónica frecuente, o persoal do voluntariado, onde cabe destacar o labor do Club Marineda Atlético e da Asociación de Veciños de Novo Mesoiro, moi valorada e recoñecida en todas as súas accións. O speaker foi, así mesmo, puntuado con boa nota.

Outro aspecto que preocupa á organización son as carreiras de menores, e máis dende o grande aumento de participación nos grupos de menor idade. Nos Rosales implementáronse medidas que foron valoradas positivamente polas persoas participantes, e de novo en Novo Mesoiro leváronse a cabo. As opinións son boas, con todo sabemos que hai unha marxe de mellora para traballar.

En aspectos relativos á comunicación, tanto dende a web como dende a rede social Twitter, continúa a tendencia positiva e cada vez máis participantes consideran moi satisfactoria a información que se dá a través destas canles, sendo cada vez máis utilizadas.

Os aspectos máis claros a mellorar en futuras carreiras extráense da súa repetición nas respostas ás preguntas abertas. En referencia concreta a Novo Mesoiro podemos destacar no noso debe a necesidade de formular anchura total ao primeiro quilómetro dado o volume de participantes ao que chegamos. Mentres, e relativo ao circuíto en xeral, increméntanse as peticións para establecer medidas que melloren a organización dos caixóns de saída.

Os aspectos máis positivos comentados nas preguntas abertas apuntan ao grande ambiente e participación que se xera no circuíto, aínda cando a climatoloxía non acompaña, ademais de recoñecer o esforzo da organización en todas as áreas.

Podes descargar a enquisa en formato PDF no enlace no final da páxina.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión