14 de abril de 2016
Coincidindo coa entrega de dorsais para o Maratón Atlántica C42 e carreira popular 10k, o bicampión do mundo ofrecerá unha Master Class gratuíta o sábado 16 de abril
O Maratón Coruña42 ofrecerá na súa edición de 2016 unha master class co atleta Abel Antón, que participará na proba 10 k que terá lugar o domingo de forma paralela á C42. O parladoiro será este sábado 16, ás 19.00 horas, no Salón Cultural de El Corte Inglés en Marineda City. No acto presentarase a biografía deste bicampión do mundo de Maratón e un vídeo duns cinco minutos de duración cos mellores momentos dá súa carreira.
Antón compartirá a súa experiencia sobre como preparar un maratón con todas e todos os runnes, persoas que senten, practican e optan polo atletismo como unha forma de vida. O atleta responderá a todo tipo de preguntas, sobre a súa vida deportiva, adestramentos para o maratón e resolverá dúbidas xunto con grandes consellos para corredores populares.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible