Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de setembro de 2014

O III Día da Familia incluirá unha carreira de promoción infantil no interior do Parque de Eirís

O terceiro Día da Familia, organizado por ACOCEM (Asociación de Comerciantes Castrillón, Eirís e Monelos) inclúe nesta edición unha carreira infantil de promoción polo interior do Parque de Eirís. Realizarase o domingo 7 de setembro a partir das 11.30 h para as categorías infantil, alevín, benxamín e pitufos.

A Asociación de comerciantes Castrillón, Eirís e Monelos puxo en marcha no ano 2012 a primeira edición do Día da Familia, co obxectivo de dinamizar a súa área comercial, e despedir as vacacións de verán en familia. A iniciativa callou grazas á colaboración dos establecementos de todo o barrio, e xa no 2013 o seu programa creceu en contidos para desenvolverse durante dúas xornadas. Nesa liña de crecemento formulouse no 2014 a realización dunha carreira infantil que discorrerá polo interior do Parque de Eirís, e para iso puxéronse en contacto coa Concellería de Educación, Deportes e Xuventude, quen a través do seu Servizo Municipal de Deportes colaborará na organización, apoiados tamén na experiencia do Club Coruña Comarca.

O 7 de setembro realizaranse as carreiras cos seguintes horarios e categorías:

  • 11.30 horas: saída infantil masculina (nacidos en 2001 e 2002)
  • 11.40 horas: saída infantil feminina (nadas en 2001 e 2002)
  • 11.50 horas: saída alevín masculina (nacidos en 2003 e 2004)
  • 12.05 horas: saída alevín masculina (nadas en 2003 e 2004)
  • 12.30 horas: saída pitufos (nacidos en 2007 e posteriores) (realizaranse tantas quendas como sexa necesario segundo o número de participantes).

A inscrición será gratuíta o mesmo día da proba ata media hora antes de cada saída, e para levala a cabo deberase acudir á Cúpula do Parque de Eirís, onde se lles entregará un dorsal ás  persoas participantes.

Todos os nenos e nenas que se acheguen a participar recibirán unha medalla ao chegar á meta, ademais de avituallamento líquido para repoñer enerxías.

Os obxectivos do Día da Familia intégranse á perfección na filosofía do Coruña Corre, así que agardámosvos a todos nunha nova cita para gozar correndo dunha bonita contorna da cidade.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión