Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de agosto de 2014

O II Coruña Corre sométese ao seu último exame. Os participantes da Volta a Oza opinan

Unha vez analizados os datos da enquisa de satisfacción aos participantes da III Volta a Oza, presentámosvos o último informe de resultados para esta segunda edición do Coruña Corre. Seguindo a liña de todo o ano a satisfacción é moi alta, aínda que seguides achegando detalles importantes para continuar mellorando.

A Volta a Oza do pasado 10 de agosto cerrou o II Coruña Corre e, como no conxunto das seis carreiras do circuíto, pedímosvos que nos axudásedes a avaliar a súa organización para corrixir detalles en futuras edicións.

Unha vez analizados os resultados das enquisas podemos confirmar que o nivel de satisfacción que expresades as persoas participantes é moi alto a nivel xeral, aínda que sempre recibimos apuntamentos que nos farán seguir mellorando os detalles das nosas carreiras.

Podedes consultar o informe adxunto, aínda que seguramente o máis destacable desta ocasión, e tendo en conta que non acompañou a meteoroloxía, é a satisfacción xeneralizada co circuíto, xa que a pesar da súa dureza valórase positivamente a beleza dos tres parques polos que transcorre. Outro aspecto moi sinalado polos corredores refírense ao ambiente vivido nas carreiras, sendo de novo a Volta a Oza unha máis das que aumentaron significativamente o número de participantes respecto da edición do 2013.

No debe da organización podemos apuntar algunha dificultade na programación horaria das carreiras, que coincidiu co peor momento de choiva, a cal será analizada para que non volva suceder. En calquera caso a ampla maioría das persoas participantes, aínda que apuntan detalles de mellora, encóntranse altamente satisfeitos co papel de todas as entidades que interveñen na organización da carreira.

Aproveitando que a Volta a Oza supuxo o colofón do circuíto, aproveitamos para formularlles ás persoas participantes algunha pregunta xeral. Delas extraemos uns datos que nos enchen de orgullo. O 96,3% dos inscritos no circuíto que correron a Volta a Oza expresa satisfacción co Coruña Corre, e a mesma porcentaxe afirma que se volverá a inscribir na terceira edición. Este dato cobra aínda máis valor, xa que os que correron en Oza non inscritos no circuíto, aseguran en máis dun 80%, que na próxima edición pasarán a formar parte do Coruña Corre. Isto confirma non só a boa saúde actual desta iniciativa, senón tamén a súa clara vocación de futuro na cidade.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión