Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de outubro de 2016

O Concello porá en marcha un dispositivo especial de tráfico este domingo 23 pola celebración da XXI Carreira Alternativa

As posibles alteracións ao tráfico que poida provocar a proba, na que os participantes empregarán distintos medios para despazarse, estarán reguladas pola Policía Local

O Concello da Coruña despregar un dispositivo especial de tráfico este domingo, 23 de outubro, co gallo da celebración dunha nova edición da Carreira Alternativa, que este ano será a prol das persoas con dano cerebral adquirido. A proba, de carácter non competitivo, pretende visualizar o dereito da cidadanía á práctica deportiva, sen ningún tipo de barreira ou discriminación, polo que todas as persoas participantes poderán tomar parte da proba a pé ou vehículos que faciliten a súa mobilidade, como patíns, biblicletas ou cadeiras de rodas. Ante a diversidade de público e medios previstos na Carreira Alternativa, que se desenvolverá ao longo da mañá, o Concello prevé realizar dous agrupamentos das e dos participantes ao longo do circuíto, de 7 quilómetros en total, de xeito que o tráfico teña alternativas de circulación, no lugar de estar cortado durante a realización da proba, nos barrios de Monte Alto, Cidade Vella e Peixería.

A carreira sairá ás 11.00 horas da Praza de María pita, e continuará pola avenida de Montoto, Mariña, Cantóns, Juana de Vega, Praza de Pontevedra e Modesta Goicouría, para xirar á dereita pola avenida Pedro Barrié da Maza e tomar o Paseo Marítimo ata o Instituo Oceanográfico. Alí tomarase a saída cada a Torre de Control marítimo e manterase pola zona peonil do Paseo do Parrote e da Dársena para chegar ata Porta Real e, de novo, á Praza de María Pita ,onde estará situada a meta e se desenvolverán numerosas actividades e xogos para todos os públicos.

O primeiro reagrupamento da proba realizarase na rúa Modesta Goicouría e, no caso de ser necesario, na avenida Pedro Barrié de la Maza até a saída de Rexidor Somoza, no sentido de circulación cara a Torre.  O segundo realizarase antes do acceso á glorieta da Torre de Hércules, para permitir o paso ás instalacións deportivas e ao barrio de Adormideiras. A este respecto, a proba só ocupará o sentido de circulación cara a Torre desde a glorieta da estrada de Circunvalación -- avenida de Hércules--. En todo momento a Policía Local acompañará ás e aos participantes, tendo unha patrulla tanto na cabeza do grupo, como no peche.

 

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión