Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de abril de 2015

O Concello informa dos cambios de circulación con motivo da realización de Coruña 42 o vindeiro domingo

O Concello da Coruña, a través da Área de Mobilidade que dirixe Begoña Freire, informa dos cambios de tráfico que se producirán con motivo da realización de Coruña 42 e a proba de 10 quilómetros o vindeiro domingo, 19 de abril, entre as 8.00 e as 14.30 horas.

Como consecuencia da proba, o Paseo Marítimo –dende a glorieta de Labañou ata a glorieta da Torre de Hércules- estará cortado dende as 8.00 ata as 14.00 horas; mentres que as rúas Pérez Ardá e Salvador de Madariaga estarán cortadas dende as 8.15 ata as 9.30 horas e, como consecuencia, a continuidade a Ronda de Outeiro e avenida de Monelos con Caballeros. A avenida de Alfonso Molina terá tráfico en sentido contrario entre Fernández Latorre e Alférez Provisional; na avenida da Pasaxe, desviarase o tráfico cara á glorieta de Casablanca para tomar o túnel de Eirís, Xeneral Sanjurjo ou a avenida dos Caídos. Na Terceira Ronda cortarase a saída cara a Salgado Torres, desviando o tráfico pola glorieta de Lonzas. O túnel da praza de Pontevedra terá circulación de dobre sentido, e cámbiase o sentido de circulación do tramo en servizo de Alférez Provisional cara a Entrejardines.

Dende o departamento de Mobilidade realízanse as seguintes recomendacións de tráfico:

  • Zona afectada polo Maratón: recoméndase, na medida do posible, evitar o uso do vehículo particular entre as 8.00 e as 14.30 horas.
  • Acceso á Cidade Vella, Monte Alto e Adormideras: Por Alfonso Molina, Linares Rivas, Alférez Provisional, Entrejardines, Cantón Grande, Marina, Porta Real, Dársena, Parrote, Maestranza, Metrosidero, Orillamar. Dende sir John Moore, o paseo marítimo está habilitado ata a Torre de Hércules.
  • Saída Cidade Vella e Monte Alto: Por rúa da Torre, praza de España, Baltasar Pardal, Campo da Leña, Metrosidero, Maestranza, Sir John Moore, Parrote, Dársena, Porta Real, Montoto, Marina, Cantóns, Linares Rivas cara a Alfonso Molina polo carril habilitado.
  • Saída de Adormideras: polo paseo marítimo cara a Parrote, Dársena, Porta Real, Marina, Cantóns, Linares Rivas e Alfonso Molina, polo carril habilitado.
  • Acceso Ensanche e Pescadería. Alfonso Molina, Castiñeiras, Federico Tapia, Rosalía de Castro, Francisco Mariño, túnel praza Pontevedra en sentido contrario ao habitual, Juana de Vega, Durán Loriga, Santa Catalina e San Andrés. Dende Monelos terán que acceder a Alfonso Molina por Matogrande.
  • Saída Ensanche: Estará habilitado o carril dereito dende a praza de Ourense ata Alfonso Molina. Tamén se pode utilizar Juan Flórez.
  • Saída de Pescadería. San Andrés, Huertas e Durán Loriga en sentido contrario ao habitual, túnel de Juan de Vega e Juan Flórez.

Por outra banda, recolocaranse varias paradas de taxis: a do Cantón Grande trasládase a Santa Catalina (no tramo máis próximo ao Cantón). A de Modesta Goicouría trasládase á avenida de Rubine e a de paseo de Ronda, fronte a Esclavas, recoméndase que a utilicen no tramo de avenida da Habana próximo á antepraza do Pavillón.

En canto ao servizo de autobuses, ademais das afeccións en diferentes liñas, a principal novidade é que, ao non poder acceder á Estación de Autobuses, o embarque e desembarque de transporte interurbano realizarase na rúa Alexandre Bóveda de 8.15 a 9.30 horas. En canto ao servizo de transporte urbano prevense os seguintes cambios:

  • Liña 1: en sentido Porta Real cara ao Castrillón, circulará por Xeneral Sanjurjo. En sentido de volta, dende a avenida de Monelos xirará cara a Camilo José Cela, accedendo á glorieta do Club Financeiro e incorporándose a Alfonso Molina, Pajaritas, novamente Alfonso Molina, Catro Camiños, Castiñeiras e viaduto de Alfonso Molina, incorporándose na praza de Ourense ao seu percorrido habitual.
  • Liña 1A: dende Catro Camiños, circulará por San Pedro de Mezonzo, Pajaritas, Alfonso Molina, Pontes Xemelgas (cambio de sentido), Alfonso Molina e incorporación a Camilo José Cela e glorieta do Club Financeiro, onde recupera o seu itinerario habitual cara a Eirís e A Pasaxe. En sentido contrario de circulación, dende a glorieta do Club Financeiro circulará por Alfonso Molina, Pajaritas, novamente Alfonso Molina, Catro Camiños, Castiñeiras e viaduto de Alfonso Molina, incorporándose na praza de Ourense ao seu percorrido habitual.
  • Liñas 2-2A: procedentes dos Castros, dende Catro Camiños circularán por Castiñeiras, viaduto de Alfonso Molina e praza de Ourense, onde se incorporarán ao seu itinerario habitual. No outro sentido de circulación farano pola praza de Ourense, Alfonso Molina e Pajaritas, onde realizarán o cambio de sentido para dirixirse por Alfonso Molina a Catro Camiños recuperando en Xeneral Sanjurjo o seu itinerario habitual.
  • Liñas 3-3A: desviaranse por Juan Flórez cara a Catro Camiños, Castiñeiras, praza de Ourense, Obelisco, Porta Real, Maestranza, Metrosidero, Orillamar e Adormideras. No outro sentido de circulación farano pola avenida de Navarra, praza de España, Maestranza, Porta Real, praza de Ourense, Alfonso Molina e Pajaritas, onde realizará o cambio de sentido para dirixirse por Alfonso Molina a Catro Camiños, Castiñeiras, Federico Tapia e Francisco Mariño, para recuperar en Juan Flórez, 10 o seu itinerario habitual.
  • Liña 4: dende Catro Camiños, circulará por San Pedro de Mezonzo, Pajaritas, Alfonso Molina, Pontes Xemelgas (cambio de sentido), Alfonso Molina e incorporación a Camilo José Cela (no viario próximo ao barco) e glorieta do Club Financeiro, continuando por Camilo José Cela, xirando na avenida de Monelos cara á dereita (sentido contrario ao habitual) para circunvalar o barrio das Flores ata a glorieta do Club Financeiro, Alfonso Molina, Pajaritas, novamente Alfonso Molina, Catro Camiños, Enrique Hervada, Castiñeiras, Viaduto, praza de Ourense, Obelisco, Porta Real, Maestranza e Metrosidero, incorporándose en Orillamar ao seu itinerario habitual.
  • Liñas 6-6A e 7: desviarase por Juan Flórez cara a Catro Camiños, Castiñeiras, praza de Ourense, Obelisco, Porta Real, Maestranza, Metrosidero e Orillamar. No outro sentido de circulación farao por Maestranza, Porta Real, praza de Ourense, Alfonso Molina e Pajaritas, onde realizará o cambio de sentido para dirixirse por Alfonso Molina a Catro Camiños, Castiñeiras, Federico Tapia e Francisco Mariño, para recuperar en Juan Flórez, 10, o seu itinerario habitual.
  • Liña 11: cara a Marineda desviarase na praza de España por Metrosidero, Maestranza, Porta Real, Obelisco, praza de Ourense, Alfonso Molina, Pajaritas, Catro Camiños, Castiñeiras, Federico Tapia e Francisco Mariño incorporándose en Juan Flórez, 10, ao seu itinerario habitual. De regreso de Marineda, dende Gómez Zamalloa continuará por Juan Flórez cara a Castiñeiras, viaduto de Alfonso Molina, praza de Ourense, Porta Real, Maestranza, Metrosidero, Orillamar e Hércules, Monte Alto.
  • Liña 12A: dende a Estación de Ferrocarril e cara ao Castrillón circulará por Joaquín Planells (itinerario da liña 5) cara á glorieta de Eduardo Diz, continuando pola avenida de San Cristóbal. Na glorieta do Club Financeiro continuará por Camilo José Cela cara á avenida de Monelos onde se incorporará ao seu itinerario habitual.
  • Liña 14: dende a Estación de Ferrocarril e cara ao Castrillón, circulará por Alfonso Molina, Pajaritas, Alfonso Molina, estrada de Pocomaco cambio de sentido de circulación nas Pontes Xemelgas, novamente Alfonso Molina e incorporándose a Camilo José Cela e glorieta do Club Financeiro, Camilo José Cela ata a avenida de Monelos onde recupera o seu itinerario habitual. Procedente dos Castros, dende Catro Camiños, realizará a parada do Remanso en Enrique Hervada, continuando por San Pedro de Mezonzo cara a Marqués de Figueroa, parada habitual da liña 5 situada fronte ao paso elevado que comunica as estacións de Autobuses e Ferrocarril, que se habilitará tamén para a liña 14 para recoller as persoas usuarias da parada da Estación de Autobuses e, ademais, os da Estación de Ferrocarril. Finalmente, incorporarase na Ronda de Outeiro ao seu itinerario habitual.
  • Liña 17: procedente dos Castros, dende Catro Camiños circulará por Castiñeiras, viaduto de Alfonso Molina e praza de Ourense, onde se incorporará ao seu itinerario habitual. No outro sentido de circulación, farao pola praza de Ourense, Alfonso Molina e Pajaritas, onde realizará o cambio de sentido para dirixirse por Alfonso Molina a Catro Camiños, Xeneral Sanjurjo e Os Castros onde recuperará o seu itinerario habitual.
  • Liña 21: en ambos os sentidos de circulación incorporarase dende Lonzas ao itinerario da liña 5, é dicir: Joaquín Planells, Estación de Ferrocarril, Capitán Juan Varela e Catro Camiños. Dende alí circulará polo itinerario alternativo: Castiñeiras, Federico Tapia, Francisco Mariño e Juan Flórez, 10 (parada alternativa á de Juana de Vega).
  • Liña 22: dende a Estación de Ferrocarril e cara á Pasaxe circulará por Joaquín Planells (itinerario da liña 5) cara á glorieta de Eduardo Diz, e avenida de San Cristóbal, onde se incorporará ao seu itinerario habitual procedente dos Castros desviarase dende Catro Camiños por Castiñeiras, Federico Tapia e Francisco Mariño, incorporándose en Juan Flórez, 10 ao seu itinerario habitual.
  • Liñas 23-23A: en ambos os sentidos de circulación incorporarase dende Lonzas ao itinerario da liña 5, é dicir: Joaquín Planells, Estación de Ferrocarril, Capitán Juan Varela e Catro Camiños. Dende alí circulará por Castiñeiras, viaduto de Alfonso Molina, praza de Ourense, Obelisco, Porta Real e Abente y Lago.
  • Liña 24: circulará por Santa Lucía, Federico Tapia, Francisco Mariño e, ao non ter acceso á parada da praza de Pontevedra-Deportivo, utilizará a parada de Juan Flórez, 10.

A continuación pode descargar nos documentos adxuntos os planos do circuíto co viario de rúas polo que transcorre.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión