Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de febreiro de 2016

A proba comezará ás 10.00 h e está prevista a súa finalización ás 13.00 h

O Concello establecerá o domingo 7 un dispositivo especial de tráfico pola celebración de Coruña21

As liñas de autobús 1, 1A, 2, 2A, 3, 7, 17, 23 e 23A modificarán os seus itinerarios habituais nos tramos de circulación afectados pola proba

A celebración da VIII edición do Medio Maratón Coruña21 provocará, o vindeiro domingo, día 7, modificacións no itinerario habitual nas liñas de transporte público urbano así como cortes de tráfico para permitir o paso de máis dun milleiro de deportistas polas rúas da cidade. A proba, que terá a súa saída e meta no Cantón Grande, será de 21.097,50 metros e percorrerá, en dúas voltas, un trazado deseñado entre Os Pelamios e Oza. Neste sentido, o Goberno local recomenda evitar, na medida que sexa posible, o uso do vehículo privado entre as 08.00 h e as 13.30 horas nas zonas afectadas e, de ser necesario, recoméndase a circulación polo Paseo Marítimo, desde Adormideras até o Portiño, e empregar a Tercera Ronda como vía de entrada e saída na cidade.

Desde as 7.35 horas do domingo, cortarase o tráfico no Cantón Grande, desde Ambroiso Feijoo, en dirección saída da cidade, dirixindo o tráfico cara á Avenida de Alférez Provisional. Ás 08.30, e por previsión da concentración de participantes na zona de meta, cortarase o tráfico desde a Praza de Mina e Santa Catalina até os cantóns.  A proba comezará ás 10.00 horas da mañá, e estableceranse modificacións en distintos puntos da cidade. A entrada da cidade pola AC-11 (Avda. de Alfonso Molina) estará afectada no viaducuto á altura da Ronda de Nelle. Cortarase o carril esquerdo de acceso, que dará saída aos vehículos entre a Avda. de Alférez Provisional até o paso peonil situado á altura de Fernández Latorre; e para a saída habilitarase un carril desde a Praza de Ourense cara á AC-10 (Avda. de Alfonso Molina).

Tamén a entrada á cidade pola AC-12 (Avda. Pasaxe) verá afectado o seu km 2, no desvío a Casablanca, e cortarase un carril para calmar o tráfico e sacalo á Avda. do Exército. Habilitarase tamén a glorieta da Ronda de Outeiro coa Avda. do Exército para esta acadar esta situación.  A saída por esta vía poderase tomar a partir da Ronda de Outeiro, e o tráfico do Porto terá neste punto o seu único acceso e saída, que estará canalizada por un valador desde a glorieta da estrada do Porto.

Distintas localizacións verán modificados os seus accesos durante a mañá do domingo. Para chegar até Repsol e Oza, realizarase desde a glorieta de Casablanca (a través da AC-10). O servizo de urxencias da Casa del Mar terá un carril de acceso desde a Costa da Palloza, que terá a súa saída até Ramón y Cajal. Tamén o acceso á Torre de Control Marítimo e o parking verán modificados os accesos e saídas, ao facerse só nun carril único, o máis próximo a muralla, cara o aparcadoiro situado baixo o parque da Maestranza, onde continuarán cara o Instituto Oceanográfico e cara o Dique.  

O Paseo Marítimo tamén contará con distintas afeccións, cun corte desde o Paseo do Parrote até a glorieta de acceso ao polígono de Adormideras, deixándose o carril dos raíles do tranvía para que saian os vehículos estacionados cara Veramar.

Precisamente nesta zona, no Paseo Marítmo Francisco Vázquez, desde a rúa Veramar até a incorporación da Avda. Metrosidero, estará prohibido o estacionamento. Os vehículos tampouco poderán aparcar na glorieta do Emigrante nin na súa contorna, na zona canda La Solana nin no acceso ao Castelo de San Antón. Tampouco poderá estacionarse na rúa Ambrosio Feijoo, Primo de Rivera nin na Avenida do Exército desde Ramón y Cajal até a Ronda de Outeiro, nos dous lados e entre a Carretera do Porto e o xiro cara Concepción Arenal e a praza da Palloza. A prohibición para o correcto desenvolvemento da carreira tamén afectará á glorieta da Ronda de Outeiro (AC-12) e a estrada do Porto até a rotonda de Oza, en ambos os dous sentidos.

De cara a veciñanza e uso do vehículo privado, o Goberno lembra que o Paseo Marítimo estará aberto desde O Portiño até a glorieta de Adormideras. Para acceder á Cidade Vella e Monte Alto, poderase facer desde a AC-11 e Alfonso Molina a través de Linares Rivas, túnel de María Pita, Praza das Atochas e Orillamar. Tamén poderase empregar Federico Tapia, Rosalía de Castro, Praza de Pontevedra, San Andrés e rúa Nova cara o Paseo Marítimo, ou Estrecha de San Andrés para chegar até San Agustín desde Marqués de Pontejos.

No acceso á zona do Ensanche e Peixería, recoméndase a través da Avenida de Finisterre e Juan Flórez. Para a saída do Ensanche, habilitarase un carril desde a Praza de Ourense até a Avda. Alfonso Molina, Pei pola Praza de Pontevedra e Juan Flórez, así como polo Paseo Marítimo cara a Tercera Ronda; e na saída de Peixería, facelo a través de San Andrés cara a Avenida de Finisterre ou Juan Flórez, ou polo Paseo Marítimo cara a Tercera Ronda.
 


Transporte público urbano

O servizo de autobuses tamén verá modificado o itinerario dalgunhas liñas pola posta en marcha deste dispositivo especial de tráfico.  A partir das .09.30 horas, hora prevista do corte do tramo entre a Casa do Mar e Puerta Real, as liñas 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A procedentes de Cuatro Caminos, e con dirección Puerta Real, desviaranse cara Enrique Hervada, Castiñeiras, Viaducto de Alfonso Molina e Praza de Ourense, continuando por Alférez Provisional o túnel de María Pita, Praza das Atochas e Metrosidero. Ao non poder chegar até o Hospital Abente e Lago, xirarán dirante do Reitorado. No sentido contrario de circulación, as liñas 1, 1A, 2, 2A, 17, 23 e 23A regresarán por Praza de España, Panaderas, San Andrés, Praza de Pontevedra, Juan Flórez e Cuatro Caminos, onde reincorporaranse ao seu itinerario habitual.

A liña 1, entre Cuatro Caminos e Os Castros, ao non poder circular pola Palloza e Avenida do Exército, farano por General Sanjurjo até Os Castros. Desde xeito, a liña 14, circulará tamén pola mesma vía desde Os Castros até Cuatro Caminos.

As liñas 3 e 7, desde Santa Catalina, continuarán por San Andrés, rúa Alta, Paseo Martímo, rúa Hospital, Praza de España e Orillamar, onde recuperarán o seu itinerario. A liá 3A, en sentido Adormideras - Praza de Pontevedra, desde a Praza de España continuará por Panaderas, San Andrés e Praza de Pontevedra.

Finalmente, as liñas con destino e saída da Avenida de Hércules (4, 6, 6A, e 11) así como a liña 5, non verán afectado en ningún momento o seu percorrido habitual.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión