Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de novembro de 2014

O Concello e o Club Rialto organizan a V Carreira Popular San Silveste

O número de participantes que se poden inscribir na proba, que se realizará o 31 de decembro, a partir das 17.00 horas, aumenta ata os 2.500 atletas

O Concello, a través da Área de Educación, Deportes e Xuventude que dirixe Francisco Mourelo, e o Club Rialto organizan a V Carreira Popular San Silvestre, que se realizará o 31 de decembro, ás 17.00 horas, con saída dende O Parrote e percorrido por lugares emblemáticos da cidade como o Castelo de San Antón, o paseo marítimo ou a Torre de Hércules. O número de corredores que poden participar ampliouse este ano ata os 2.500, fronte aos 2.000 da pasada edición, os 1.250 do 2012 ou os 500 da primeira cita hai cinco anos.

A Carreira Popular San Silvestre converteuse nun sinal de identidade no calendario nacional das carreiras populares, realizándose nas cidades máis importantes do país. Ademais, a súa realización será unha nova oportunidade para potenciar a aposta do Goberno municipal polo fomento do deporte e dos hábitos saudables, en especial entre os máis novos; divulgar e promover a cidade a través dunha carreira de carácter festivo; e convertela nun referente a nivel galego e do norte de España, á vez que se completa o calendario de carreiras coruñés.

A V San Silvestre consta de 7,7 quilómetros de percorrido e estableceranse, ademais da clasificación absoluta, outras sete categorías tanto en homes coma en mulleres:

  • Promesa: 16-19 anos.
  • Sénior: 20-29 anos.
  • Veteranos A: 30-40 anos.
  • Veteranos B: 41-50 anos.
  • Veteranos C: 51-60 anos.
  • Veteranos D: 61 anos en diante.
  • Mellor disfrace: todas as idades.

O Club Rialto e a Concellería de Deportes, que entregarán trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría e da proba absoluta e mellor disfrace, contarán durante a realización da carreira co apoio de voluntarios de ambas as entidades, así como efectivos de Protección Civil, Policía Local e persoal sanitario.

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través das páxinas web www.championchipnorte.com e www.sansilvestrecoruna.com, cun prezo de 12 euros por participante -10 euros se xa posúe o chip-. A retirada dos dorsais e dos chips poderase realizar no centro Aqua Complexo de Elviña durante os días 29 e 30 de decembro.

A última proba do calendario do 2014 completará un ano repleto de eventos deportivos no campo do atletismo na cidade, como Coruña 10, Coruña 21, o maratón Coruña42 ou o Coruña Corre, a iniciativa de carreiras populares, con seis probas en seis barrios da cidade que, tras o éxito da pasada edición -con 1.756 participantes-, consolídase acadando na súa terceira edición os 2.358 corredores. O circuíto empezouse a disputar o pasado mes de outubro nos Rosales e en novembro en Novo Mesoiro e terminará en Oza en agosto do 2015, tras disputarse as carreiras da Torre de Hércules, San Pedro de Visma e O Ventorrillo.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión