Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de maio de 2015

O Colexio Montespiño recolleu o seu premio no Salón de Plenos Municipal

Máis de 100 alumnos do Colexio Montespiño fixeron seu o Salón de Plenos do Palacio de María Pita. Alí foron recibidos polo concelleiro de Deportes Francisco Mourelo e a vicepresidenta da Deputación Mariel Padín, que lles entregaron o seu cheque de 500 euros en material deportivo por ser o centro educativo con maior número de participantes no Mini Maratón Atlántica.

O concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude, Francisco Mourelo e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Mariel Padín, acompañados de Juan Ignacio Domínguez, director de Banca de particulares de Caixabank, entregaron o premio ao colexio con máis alumnos inscritos no Mini Maratón Atlántica, realizado o pasado 18 de abril.

Un cheque de 500 euros en material deportivo foi o premio que recibiron máis dun cento de alumnos do Colexio Montespiño, que fixeron seu o Salón de Plenos do Palacio municipal de María Pita. O Concello quixo que a cuarta edición do Maratón Atlántica Coruña42 completase as súas actividades coa súa versión “Mini”, e grazas ao seu novo patrocinador Caixabank púxose mans á obra na organización desta Mini Atlántica.

Participaron un total de 1.000 nenos e nenas entre os 0 e os 17 anos, o que demostra o éxito deste tipo de probas deportivas entre os máis novos. O Colexio Montespiño superou en participantes, por unha escasa marxe, o Colexio Obradoiro e o CEIP María Pita.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión