Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de outubro de 2014

O circuíto de carreiras populares CoruñaCorre chega ao barrio de Novo Mesoiro

A IV Carreira popular Novo Mesoiro Memorial Iván Rocha Freire sairá o domingo 2 de novembro do centro cívico do barrio e percorrerá unha distancia de 5.535 m na súa categoría absoluta. O circuíto, que xa acadou os 2.000 inscritos, arrincou o pasado 19 de outubro coa III Carreira popular dos Rosales que contou cunha participación récord de 1.910 corredores

O concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo, presentou esta mañá unha nova proba dentro do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre: a IV Carreira popular Novo Mesoiro - Memorial Iván Rocha Freire, que se realiza o domingo 2 de novembro, a partir das 10.00 horas no barrio de Novo Mesoiro, cando partirá a categoría absoluta que percorrerá unha distancia aproximada de 5.535 metros. A partir de aí, o resto de categorías irán saíndo paulatinamente:

  • Xuvenil e cadetes: 11.15 horas, 2.325 metros.
  • Infantil feminino e masculino: 11.35 e 11.50 horas, 1.600 metros.
  • Alevín feminino e masculino: 12.05 e 12.15 horas, 800 metros.
  • Benxamín feminino e masculino: 12.25 e 12.35 horas, 800 metros.
  • Pitufos: 12.50 horas, 155 metros.

Os dorsais poderanse recoller o sábado (de 11.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 21.00 horas) e o propio domingo, antes do inicio da carreira, no polideportivo de Novo Mesoiro, onde tamén se instalará o servizo de duchas e gardarroupa. Ademais, como é novidade nesta edición, tamén se contará cun servizo de ludoteca infantil para menores de 0 a 11 anos, fillos dos corredores e corredoras da carreira absoluta. Neste sentido, e co obxectivo de lograr que o circuíto municipal de carreiras populares sexa sostible destinando tan só os recursos necesarios en función do número de participantes, premiarase, mediante un sorteo de material deportivo, a aquelas persoas corredoras que confirmen a súa participación.

O circuíto CoruñaCorre consiste nun programa de seis probas en seis barrios da cidade. A primeira realizouse o pasado domingo, 19 de outubro, nos Rosales e arrincou cunha inscrición de 1.910 corredores, cifra que triplica a do 2012 cando se creou a carreira. Ademais, hai de momento 2.000 inscritos no circuíto, respecto dos 1.756 da segunda edición. Ademais están inscritas 95 familias e 105 equipos mixtos, case o dobre en total có ano pasado.

As próximas citas desprazaranse aos barrios de Torre de Hércules, San Pedro de Visma, Ventorrillo e Oza. Coma noutras ocasións, colaboran na organización de cada carreira distintos clubs de atletismo, ademais de asociacións de veciños, comerciantes e empresarios.

DATA PROBA DISTANCIA ORGANIZA
1 19/10/2014 II Carreira Popular Os Rosales 6.465 m As. Empresarios dos Rosales e Club Atletismo Coruña Comarca
2 02/11/2014 IV Carreira Popular Novo Mesoiro 5.535 m
AA.VV. Novo Mesoiro e Club Marineda Atlético
3 28/03/2015 V Carreira Popular Torre de Hércules 6.515 m AA.VV. e Comerciantes de Monte Alto e Club Atletismo Coruña Comarca
4 28/06/2015 VIII Baixada Popular de Cros San Pedro de Visma 6.490 m AA.VV. Loureiro de Visma e Club Riazor Coruña
5 12/07/2015 III Carreira Popular Ventorrillo 5.065 m AA.VV. do Ventorrillo e Club Riazor Coruña
6 09/08/2015 IV Carreira Popular Volta a Oza 7.552 m AA.VV. Gaiteira-Fátima e Club Marineda Atlético
A organización do circuíto resérvase o dereito para aprazar ou suspender a organización dalgunha proba, sen que exista dereito a reclamar ningunha compensación, parcial nin total, por parte das persoas inscritas, salvo que a suspensión afecte a máis do 50% do total de probas que integran o circuíto.

A inscrición efectuarase a través da web www.coruna.es/carreraspopulares ou de www.championchipnorte.com e será gratuíta para as categorías xuvenil, cadete, infantil, benxamín e pitufos. A cota de inscrición para o resto de participantes será de 10 euros para propietarios de chip amarelo e 22 euros para os non propietarios (debido ao alugueiro ou compra do devandito chip). O prazo de inscrición para anotarse na terceira edición do circuíto finalizará no momento do cerre de anotación da Popular Novo Mesoiro, que será o 29 de novembro. Tamén será posible inscribirse de forma individual en cada unha das probas do circuíto con cota de 3 euros para propietarios de chip amarelo e 5 para o resto.

Masterclass

Ademais, a Concellería de Deportes informa de que este sábado, ás 11.30 horas, o Palacio Municipal de Riazor, acolle unha nova masterclass con Andrés Díaz e outros técnicos especialistas. A iniciativa, de acceso libre e gratuíto, está limitada aos primeiros 60 solicitantes no mail carreraspopulares@coruna.es.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión