Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de outubro de 2014

Multitude de servizos ao corredor na Carreira Popular dos Rosales

A primeira proba do circuíto Coruña Corre arrincará este domingo ás 10.00 horas, con entrada e saída na Praza Elíptica e ofreceralles aos seus máis de 2000 corredores unha serie de facilidades para que o día da carreira poidan gozar plenamente da competición.

A III edición da Popular Os Rosales que inaugurará a terceira edición do Circuíto Popular de Carreiras Popular #CoruñaCorre disputarase este domingo a partir das 10.00 horas. Máis de 2000 atletas, que competirán dende categoría absoluta ata pitufos con saída e meta na Praza Elíptica, tomarán a saída e a organización da carreira quérelles ofrecer aos seus corredores os mellores servizos.

Tras o peche de inscrición da primeira carreira a recollida de dorsais e chip será no Polideportivo dos Rosales o venres 17 de 17 a 20.30 horas, o sábado 18 de 11.00 a 13.30 e de 17 a 20.30 h. Ademais, de forma excepcional poderanse recoller o mesmo día da carreira, no propio complexo deportivo a partir das 08.30 horas e ata unha hora antes do inicio da proba. Ademais, os inscritos no circuíto terán un único dorsal para as seis probas. Grazas ao chip amarelo de Championchipnorte e ao código QR no dorsal, todos os corredores poderán coñecer o seu crono ao finalizar a carreira, así como o vídeo da súa chegada posteriormente. Os runners que alugasen o chip unicamente para esa proba deberán depositalo ao final das carreiras nas zonas habilitadas para iso.

Para maior comodidade dos atletas establecerase un servizo de roupeiro que se establecerá en horario de 9.00 a 13.30 horas no Polideportivo Municipal dos Rosales. Ao final da carreira todos os runners recibirán un avituallamento sólido e líquido e todos os corredores poderán acceder ao servizo de duchas no mesmo polideportivo. Ademais, os corredores das categorías de pitufos, benxamín e alevín recibirán unha medalla conmemorativa por participar na proba.

Para favorecer a conciliación, e seguindo a iniciativa xa estreada en #Coruña10, establecerase un servizo de ludoteca para fillos de corredores da absoluta con idades comprendidas entre 0 e 11 anos. A ludoteca estará situada no Polideportivo dos Rosales, nun espazo cerrado para actividades orientadas aos máis novos e en horario de 09.00 a 11.30 horas.

Debido á masiva inscrición para esta cita, a organización viuse obrigada a reformular os horarios das carreiras de menores, xa que por motivos de seguridade faranse tantas quendas como sexan necesarias. Deste xeito, os horarios das carreiras de menores seguirán aproximadamente este programa:

categoría hora distancia
Absoluta 10.00 6.465 m aprox.
Xuvenil 11.05 2.490 m aprox.
Cadete 11.20 2.490 m aprox.
Infantil feminino 11.40 1.245 m aprox.
Infantil masculino
11.55 1.245 m aprox.
Alevín feminino
12.10 620 m aprox.
Alevín masculino 12.20 620 m aprox.
Benxamín feminino 12.30 620 m aprox.
Benxamín masculino 12.40 620 m aprox.
Pitufos 12.50 155 m aprox.

Ao finalizar todas as probas anunciarase por megafonía o momento e a localización no que se farán públicas as clasificacións para que todos os corredores poidan coñecer a súa posición na competición. A entrega de premios realizarase arredor das 13.30 horas na Praza Elíptica e dende a organización rógaselles aos atletas que se encontren á hora requirida na zona do podio.

O III Circuíto #CoruñaCorre arrinca esta fin de semana por medio da Popular dos Rosales, que lles brindará aos seus corredores as maiores facilidades aos seus runners para que o seu único obxectivo sexa chegar á meta.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión