Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de febreiro de 2015

Mourelo presenta o primeiro Trail Cidade da Coruña

É unha nova proba que se suma á ampla oferta de carreiras populares coruñesas, que se realizará o próximo 15 de marzo. As persoas participantes deberán percorrer os 11 quilómetros que transcorren polas zonas da Zapateira e Castro de Elviña en menos de dúas horas e media

O Concello da Coruña, a través da Área de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa da realización, o próximo 15 de marzo, do Trail Cidade da Coruña, unha nova proba que se suma á ampla oferta de carreiras populares que existen na cidade. Tras a unión de Club Triatlón Coruña, Wteam e Move, preséntase esta nova proba, ata o momento inexistente no calendario coruñés, situada nun marco incomparable: A Zapateira e Castro de Elviña.

O percorrido desta proba, que comezará ás 11.00 horas nas inmediacións do Campus de Elviña, é alcanzable para todos os públicos, cunha dificultade física e técnica media, no que todos os runners poderán iniciarse no mundo do trail, cunha lonxitude total de 11 quilómetros.

Trátase de dúas voltas a un percorrido con tramos de subida e baixada, por camiños transitados e outros abertos para a ocasión, dende os que se gozará das vistas de toda a cidade nunha contorna natural. Os límites de tempo establecidos serán dunha hora dende o comezo da proba para o paso pola metade de circuíto e de dúas horas e media para realizar o total.

Establécense as seguintes categorías:

  • Absoluta feminina/masculina
  • Veteranos 35-44
  • Veteranos 45-54
  • Veteranos 55 en diante

A idade mínima das persoas participantes será de 18 anos cumpridos antes do día da proba e o custo de inscrición será de 10 euros, cun número de prazas limitadas a 300 corredores.

Máis información na web:

http://xn--trailciudaddeacorua-d4b.com/

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión