Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de novembro de 2013

Malawi máis cerca!

O vindeiro domingo 24 de novembro a R.S.D. Hípica da Coruña organiza a III Legua Marítima Solidaria coa colaboración do Movemento Nambuma Malawi, o Concello da Coruña e o Club Atletismo Coruña Comarca.

O vindeiro domingo 24 de novembro realizarase a III Legua solidaria Hípica Malawi, tendo como obxectivo prioritario a promoción solidaria mediante a participación e mobilización da cidadanía a través do deporte, así como favorecer o seu achegamento a valores de solidariedade e compromiso coas necesidades da poboación doutros países menos desenvolvidos.

As inscricións poderanse realizarar a través da plataforma en liña da web www.championchipnorte.com . Só para as probas sen cronometraxe (pitufos, camiñada e fila cero) e nenos sen DNI: a inscrición tamén se poderá realizar nas oficinas da R.S.D. Hípica da Coruña e a través do enderezo administracion@sdhipicalacoruna.com  (ata o mércores día 20 de novembro).

A proba disputarase sobre un percorrido dunha legua (7,5 quilómetros) paralela ao mar, no contorno da zona do paseo marítimo. A saída darase ás 10.00 h para as categorías inferiores e ás 11.30 h para a proba absoluta e a camiñada.

Daranse dúas voltas ao circuíto con saída e chegada na RSDH. A carreira iníciase en dirección ao Castelo de San Antón polo paseo marítimo. Os participantes darán a volta no pequeno xardín que se encontra entre o castelo e o Real Club Náutico para posteriormente dirixirse en dirección á Torre de Hércules ata chegar á rotonda de Adormideras (preto da Torre) onde virarán para chegar de novo á RSD Hípica, onde está situada a meta.

Ao mesmo tempo saen os participantes na camiñada, que realizarán un percorrido de 3.600 metros que consistirá nunha volta andando ao mesmo circuíto que a proba de adultos.

As categorías inferiores percorrerán distancias menores: unha volta á pista polideportiva para a categoría pitufos, 600 m para os benxamíns e alevíns, e 1.500 para infantís e cadetes.

Todas as categorías serán cronometradas, excepto a correspondente á categoría de pitufos e a andaina.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión