Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xuño de 2015

Máis de 2.300 deportistas participarán na VIII Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma este domingo

A proba, que combina asfalto con zonas de terra, é a cuarta do Circuíto de Carreiras Populares do programa Coruña Corre .

 

O vindeiro domingo, día 28 de xuño, 2.358 deportistas tomarán a saída na VIII Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma. Trátase dunha singular carreira con 2 Km de asfalto e o resto campo a través que discorrerá polo Parque de Bens. O percorrido ten como punto de saída e chegada o centro cívico do barrio, pero a distancia variará en función da idade dos atletas, desde o 6.490 m para os competidores adultos, que darán unha volta ao parque de Bens, ata o 150 m que terán que percorrer os corredores menores de 7 anos, da categoría ?pitufos?.

A carreira dará comezo ás 10:30 h coa categoría absoluta, ás 10:35 h darase a saída ás categorías xuvenil e cadete, para finalizar cos infantís, alevíns, benxamíns e ?pitufos?, que irán tomando a saída sucesivamente coa distancia adaptada a cada unha delas. Os horarios de saídas e distancias serán:

Absoluta | 10.30 h. | 6.490 m. aprox.
Xuvenil | 10.35 h. | 2.300 m. aprox.
Cadete | 10.35 h. | 2.300 m. aprox.
Infantil | 11.30 h. | 1.600 m. aprox
Alevín | 11:45 h. | 800 m. aprox.
Benxamín | 12.00 h. | 800 m. aprox.
Pitufo | 12.15 h. | 150 m.

Os dorsais  poderanse recoller o sábado no Centro Cívico de San Pedro de Visma, en horario de 11 a 13.30 h e de 17 a 20.30 h, e o domingo nas zonas habilitadas para o efecto no lugar de saída, ata 1 hora antes do inicio de cada carreira. Para fomentar a participación, a carreira contará cun servizo de ludoteca infantil de 9.00 a 13.30 horas

Unha vez finalizadas as carreiras, realizarase a entrega de premios ás 12.30 horas. A próxima proba  do III Circuíto Coruña Corre terá lugar o día 12 de xullo no barrio do Ventorrillo, coa celebración da súa terceira edición, para concluír finalmente o 9 de agosto coa IV Carreira Popular Volta a Oza.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión