Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de outubro de 2013

Máis de 1.000 atletas daranse cita nos Rosales

A 48 horas para o remate da inscrición da primeira proba do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, xa son máis de 1000 os corredores de todas as categorías que se inscribiron para o circuíto.

Agora só queda esperar a progresión e o habitual tirón dos dous últimos días para saber exactamente cantos máis de 1.000 serán os atletas que se dean cita o domingo a partir das 10 da mañá para participar na II Carreira Popular Os Rosales.

Os adultos e menores inscritos distribúense ata o momento practicamente a partes iguais, sendo levemente superior a cifra total de adultos. Ademais hai que destacar a boa aceptación que está tendo a nova modalidade incluída nesta edición, a de equipos mixtos. Polo momento son máis de 20 os conxuntos que se apuntaron, o que sitúa en case un cento o número de corredores que sumarán resultados tanto de maneira individual como en grupo. Tamén se mantén a boa acollida da competición por familias, xa existente o pasado ano, e para a que por agora se inscribiron case 30 sagas.

Todos estes números previos da proba, que son provisionais e converteranse en definitivos o xoves ás 23.30 h, non deixan de sorprender e demostrar a enorme afección que está xerando o atletismo popular na cidade.

Se queres seguir sumando a estas cifras, aínda estás a tempo de anotarte e sobre todo correr o domingo nos Rosales. Inscríbete aquí 

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión