Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de abril de 2015

Listaxes de dorsais de Maratón C42, carreira 10k e Mini Maratón

Os máis de 3000 corredores que suman os participantes do Maratón Atlántica, a súa #10k e Mini Maratón, que realiza este domingo día 19 a súa cuarta edición, teñen xa dispoñible o número de dorsal na web oficial da carreira. Poderán recollelo xunto coa bolsa do corredor hoxe dende as 17 horas ata as 22 horas na Exporunning de Palexco e mañá de 10 a 22 horas.

As persoas participantes da cuarta edición de #Coruña42, a súa #10k e Mini Maratón, que tamén será Campionato Galego da distancia Absoluto e de Veteranos, xa poden coñecer o seu número de dorsal. As listaxes completas están colgadas na páxina web oficial da carreira, no apartado de inscrición de #Coruña42. As persoas participantes poderán recoller o seu dorsal, xunto coa súa bolsa do corredor, hoxe dende as 17.00 horas ata as 22 horas na #Exporunning de Palexco e o sábado dende as 10 horas ata as 22 horas.

No dorsal de #Coruña42 terá un código QR, co que os usuarios finisher poderán descargar ao final da carreira o seu crono, grazas ao cronometrador ChampionchipNorte só con darse de alta como usuario na súa web, mostrará nun gráfico a forma correcta de colocarse o chip na zapatilla. Os dorsais diferenciaranse por cores, que virán determinadas polos cinco caixóns de saída. Primeiro de cor amarela, segundo azul, a cor do terceiro caixón será a laranxa, cuarto caixón verde e quinto violeta.

Xa podedes coñecer o número de dorsal en #Coruña42, a súa #10k e o mini Maratón, o dorsal dun valente. Agardámosvos na #Exporunning!

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión