Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xaneiro de 2015

Forma parte de Coruña21 dende dentro: tes madeira de voluntario

Dende hoxe e ata o 4 de febreiro a Área de Educación, Deportes e Xuventude do Concello da Coruña abre o prazo de inscrición para que todas aquelas persoas que desexen participar como voluntarias no Medio Maratón do próximo 22 de febreiro poidan facelo e sentirse partícipes da proba na súa sétima edición

O éxito de #Coruña21, así de como todas as carreiras que se desenvolven na cidade herculina, é froito non só da participación ou logros deportivos, senón tamén de todas as persoas que colaboran na organización, con especial mención aos voluntarios. O Concello, a través da Área de Educación, Deportes e Xuventude que dirixe Francisco Mourelo abriu dende hoxe e ata o vindeiro mércores 4 de febreiro o prazo de inscrición para que todo o que o desexe poida ser voluntario no Medio Maratón, que cumprirá o 22 de febreiro a súa sétima edición.

Os voluntarios constitúen unha parte fundamental no bo desenvolvemento das carreiras, son un grupo de traballo con diferentes motivacións, aos que lles gustan as probas deportivas e que comparten a súa vontade altruísta de colaborar e apoiar diferentes eventos da cidade. En #Coruña21 o organigrama de traballo contempla diferentes áreas, polo que os voluntarios terán varias opcións para escoller, mostrando as súas preferencias dende a 1ª ata a 3ª.

As inscricións poderanse realizar en voluntariadodeportes@coruna.es ou a través da web municipal de deportes www.coruna.es/deportes. Así mesmo, poderase solicitar máis información a través do teléfono municipal 010.

Entrega de Bolsas do Corredor: o apoio é fundamental para que o runner reciba de forma satisfactoria o seu material e que se eviten aglomeracións. Informar dos servizos, horarios e localizacións así como información de interese xeral son outras das atribucións nunha tarefa onde o contacto directo co corredor constitúe un grande aliciente.

Percorrido: os voluntarios colocados no trazado en postos de control e vixilancia dos pasos de peóns, circulación de vehículos e avisar o Centro de Mando de calquera incidencia para garantir o bo desenvolvemento da proba.

Avituallamento: os voluntarios situaranse nos lugares de paso e principais puntos de avituallamento para lles axudar aos corredores na súa hidratación e empuxalos cos seus ánimos nos momentos máis difíciles da carreira. Un traballo fundamental para que todos os runners reciban o seu avituallamento líquido e sólido inmediato e poidan seguir competindo.

Saída e meta: os voluntarios da zona de saída e chegada da carreira garanten a boa organización desta, axúdanlles aos afeccionados a situarse correctamente evitando aglomeracións ou incidencias innecesarias nos momentos de maior afluencia de público nunha zona reducida e en dous momentos importantes da proba.

Caixóns de saída: os voluntarios axudaranlles aos runners a colocarse nos diferentes tramos de saída en función dos seus tempos para o bo desenvolvemento da proba e vivirán de preto os momentos previos ao pistoletazo de saída.

Motos: son apoio para organización e voluntariado na distribución de avituallamento ou desprazamentos médicos. Os interesados voluntarios con carné e moto propia poderán colaborar trasladando persoas como persoal médico e material. Será obrigatorio pertencer a un club de moteiros para poder participar.

Ciclistas: acompañarán os atletas durante o percorrido e colaborarán coa asistencia médica da proba, avisando do paso dos atletas polos diferentes puntos de control e o seu aparente estado físico. Ademais haberá bicicletas que marquen as posicións da cabeza de carreira tanto na proba masculina como da feminina. Para participar será obrigada a pertenza a un club ciclista.

Gardarroupa: os voluntarios organizarán gardarroupa da carreira, gardarán bolsas e mochilas dos corredores e entregaranllas ao cruzar a meta. É un labor importante e que busca que todos os corredores teñan a súa roupa canto antes para poder cambiarse tras o esforzo realizado. Ademais, poderán intercambiar as súas primeiras sensacións tras a carreira.

Protocolo e entrega de premios: un dos momentos álxidos é a entrega de premios e cando se produce grande afluencia de público. Os voluntarios deben axudar a organizar a dita entrega e axudar a entregar os premios.

Atención ao voluntariado e colaboradores: os voluntarios tamén necesiten o seu descanso e o apoio doutros, avituallarse como se fosen os propios corredores e ter asistencia para desempeñar o seu labor.

Nos días previos ao #Coruña21, que se realizará o 22 de febreiro, os voluntarios recibirán un curso de formación para que poidan desempeñar as súas tarefas, así como un módulo específico de primeiros auxilios con certificación oficial de Cruz Vermella.

#Coruña21 só é posible co apoio dos voluntarios, parte fundamental e tan importante como os corredores, xa que eles tamén fan posible o Medio Maratón. Queredes ser voluntarios?

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión