Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xullo de 2015

Finalizamos o repaso das clasificacións do III Circuíto Coruña Corre

Rematamos co noso recordatorio ás clasificacións das diferentes categorías do Coruña Corre

É a quenda agora das categorías Senior e as 4 categorías de Veteranos, e con estas clasificacións finalizaremos o repaso do circuíto Coruña Corre, a iniciativa de carreiras populares, que con seis probas en seis barrios da cidade superou o éxito da pasada edición, con 1.756 participantes, e se consolida alcanzando na súa terceira edición os 2.358 corredores.

E dicimos un ata pronto ao Coruña Corre, non sen antes recordarvos que o 9 de agosto chegaremos ao final do circuíto, coa IV Volta a Oza, a cal porá o broche a esta III edición do Circuíto Coruña Corre

Clasificación en categorías femininas

Senior Feminino manda na clasificación Sofía Fernández Castro, con 149 puntos conseguidos en cinco carreiras disputadas, seguida por Eusebia Maldonado, con 446 puntos e cinco carreiras. En terceira posición Iria Soto Iglesias, con 743 puntos conseguidos en catro carreiras.

Veteranas 1, marcha no primeiro posto Noemí Moral Navazo, con 317 puntos acumulados en cinco probas disputadas. En segunda posición encóntrase Noelia Caruncho García, con 522 puntos no mesmo número de carreiras. En terceiro lugar figura, Begoña Pérez Pais, con 955 puntos en cinco carreiras.

Veteranas 2, figura en primeira posición Inés Papín Estévez, con 454 puntos conseguidos en cinco carreiras disputadas, Tras ela, en segunda posición, Noelia Papín Estévez, que sumou 498 puntos en catro participacións. Na terceira clasificada encóntrase Monteserrat Hernández García, con 695 puntos en catro carreiras.

Veteranas 3 en primeira posición manda Elisa Paz Souto, contando con 850 puntos, sumados nas cinco probas disputadas. Séguea na clasificación Silvia Sánchez Bascoy, con 1486 puntos en catro carreiras. A terceira clasificada Ana Luz Vázquez Fernández con 1620 puntos conseguidos en cinco carreiras.

Veteranas 4, en primeira posición esta Mariluz San Martín Fernández con 1334 puntos en cinco carreiras e en segunda posición figura Piar Marquíz Hernández con 1529 puntos en catro carreiras.

Clasificación en categorías masculina

Senior Masculino manda na clasificación Borja Sánchez Campos, con 14 puntos conseguidos en catro carreiras disputadas, segundo figura Óscar Pazos Barbeito, con 23 puntos en cinco carreiras. En terceira posición Antón Gómez González, con 30 puntos conseguidos en cinco carreiras que leva disputadas.

Veteranos 1, marcha no primeiro posto Manuel Ángel Pereira Ramón, con 6 puntos acumulados en cinco probas disputadas. En segunda posición encóntrase Javier Tourís Fornos, con 16 puntos en catro carreiras. En terceiro lugar, Alejandro Serrano Buján, con 78 puntos, con cinco carreiras disputadas

Veteranos 2, figura en primeira posición Manuel Oliver Pérez López, con 10 puntos conseguidos en catro carreiras disputadas. O segundo clasificado, Javier Seoane Puga, que sumou 12 puntos en cinco participacións. E o terceiro clasificado é Jesús Álvarez Rodríguez con 50 puntos en catro carreiras disputadas.

Veteranos 3, manda Emilio Martínez Anta, contando 35 puntos, en catro carreiras disputadas, segundo é Santiago Vázquez Collazo, con 78 puntos tamén en catro carreiras disputadas, o terceiro clasificado Francisco Javier Correa Piñeiro, con 203 puntos conseguidos en catro participacións.

Veteranos 4 marcha en primeiro lugar Domingo Álvarez Iglesias, con 540 puntos acumulados en cinco carreiras, seguido polo atleta Antonio Hernández Barreiro, que ten no seu haber 763 puntos, en cinco probas. En terceiro posto encóntrase José Antonio Gómez Botana, o cal conta con 791 puntos en igual número de probas.

Podes acceder a través do enlace ás clasificacións das distintas categorías

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión