Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de novembro de 2014

Finalizamos o repaso das clasificacións do III Circuíto Coruña Corre

Acabamos co noso recordatorio ás clasificacións das diferentes categorías do Coruña Corre ata que volvamos retomar o circuíto coa popular da Torre de Hércules.

É a quenda agora das categorías sénior e as 4 categorías de veteranos, e con estas clasificacións finalizaremos o repaso do circuíto Coruña Corre, a iniciativa de carreiras populares, que con seis probas en seis barrios da cidade superou o éxito da pasada edición, con 1.756 participantes, e consolídase alcanzando na súa terceira edición os 2.358 corredores.

E dicimos un ata logo ao Coruña Corre, non sen antes lembrarvos que o 28 de marzo chegaremos ao meridiano do circuíto, coa V edición da popular Torre de Hércules, que do mesmo xeito que nas dúas últimas ocasións disputarase en horario nocturno, o que sen dúbida crea unha contorna máxica coa súa chegada ao pé do emblemático monumento Patrimonio da Humanidade.

Clasificación en categorías femininas

Sénior feminino manda na clasificación Sofía Fernández Castro, con 66 puntos conseguidos en dúas carreiras disputadas, seguida por Mª Cristina Santiago Martínez, con 161 puntos e dúas carreiras. En terceira posición Orsolya Vincze, con 168 puntos conseguidos nunha carreira.

Veteranas 1, marcha no primeiro posto Noemí Moral Navazo, con 113 puntos acumulados en dúas probas disputadas. En segunda posición está Noelia Caruncho García, con 181 puntos no mesmo número de carreiras. En terceiro lugar figura Elena Sánchez-Barbudo Miranda, con 238 puntos cunha carreira.

Veteranas 2, figura en primeira posición Inés Papín Estévez, con 201 puntos conseguidos en dúas carreiras disputadas. Tras ela, en segunda posición, Monteserrat Hernández García, que sumou 286 puntos en dúas participacións. Na terceira clasificada encóntrase María José Grovas Garaboa, con 286 puntos en dúas carreiras.

Veteranas 3 en primeira posición manda Elisa Paz Souto, contando con 381 puntos, sumados nas dúas probas ata a data. Séguea na clasificación Rosa Sierra Palmeiro, con 403 puntos en dúas carreiras. A terceira clasificada Elena Sierra Palmeiro, con 539 puntos conseguidos nunha carreira.

Veteranas 4, en primeira posición está Pilar Marquíz Hernández con 506 puntos en dúas carreiras, en segunda posición figura María Luisa Armesto Miguel con 535 puntos nunha carreira e finalmente en terceira posición sitúase Mariluz San Martín Fernández con 652 puntos en tamén en dúas participacións.

Clasificación en categorías masculina

Sénior masculino manda na clasificación Borja Sánchez Campos, con 3 puntos conseguidos nunha carreira disputada, segundo figura David Méndez Arias, con 6 puntos en dúas carreiras. En terceira posición Óscar Pazos Barbeito, con 39 puntos conseguidos en dúas carreiras que leva disputadas.

Veteranos 1, marcha no primeiro posto Manuel Ángel Pereira Ramón, con 2 puntos acumulados en dúas probas disputadas. En segunda posición encóntrase Javier Tourís Fornos, con 5 puntos en dúas carreiras. En terceiro lugar, Juan Luis Trillo Caamaño, con 8 puntos, con dúas carreiras disputadas.

Veteranos 2, figura en primeira posición Manuel Oliver Pérez López, con 3 puntos conseguidos nas dúas carreiras disputadas. O segundo clasificado, Javier Seoane Puga, que sumou 35 puntos en catro participacións. E o terceiro clasificado é Jesús Álvarez Chinchilla con 13 puntos en dúas carreiras disputadas.

Veteranos 3, manda Emilio Martínez Anta, contando 10 puntos, nunha carreira disputada, segundo é Lorenzo Sánchez Marcos, con 22 puntos tamén nunha carreira disputada, o terceiro clasificado Francisco Soto García, con 84 puntos conseguidos nas dúas carreiras realizadas.

Veteranos 4 marcha en primeiro lugar Domingo Álvarez Iglesias, con 172 puntos acumulados en dúas carreiras, seguido polo atleta Antonio Hernández Barreiro, que ten no seu haber 288 puntos, en dúas probas. En terceiro posto está Antonio Remuiñan Sánchez, que conta con 333 puntos en igual número de probas.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión