Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de abril de 2015

Exporunning recibirá máis de 3000 corredores esta fin de semana

A feira do corredor, que estará situada en Palexco o venres 17 e sábado 18, contará con expositores relacionados co mundo do running. Ademais de posibilitar a recollida de dorsais para as persoas corredoras, ofertaranse numerosas actividades, entre as que se encontra a PastaParty, relatorios de expertos, a exhibición da película "Vivir sin parar" ou unha mesa redonda na que participarán Pedro Nimo, Vanessa Veiga, José Requejo e Cristina Santiago.

Coa chegada do #MaratónAtlántica, Palexco prepárase para recibir máis de 3000 atletas esta fin de semana. Un ano máis, o Palacio de Exposicións e Congresos acollerá a realización de Exporunning, un punto de encontro para profesionais e amantes do running. Trátase dun evento que xira arredor do universo das carreiras, no que participan dende marcas técnicas de roupa e material de running, ata cidades que albergan maratóns e irmandadas con #Coruña42, como O Porto, pasando por provedores de servizo de hotelería, ou transporte.

Exporunning abrirá as súas portas ás persoas corredoras o venres 17, dende as 17.00 horas ata as 22.00 horas, e o sábado 18 dende as 10.00 a 22.00 horas. Durante toda a fin de semana realizaranse numerosas actividades para todos os públicos. Así, mentres os corredores acoden a recoller os seus dorsais e bolsas de corredor, poderán tamén descubrir novos produtos nos expositores, charlar con expertos ou escoitar os retos que supón un maratón analizado polos propios corredores.

Nesta nova edición de #Exporunning participarán empresas como El Corte Inglés, que contará ademais cun posto de Viajes ECI; Decathlon, Coca Cola, 3&Run, Podoactiva, Termarina, Marathon Running Shop, Solo Runners ou Brooks. Tamén haberá un espazo dedicado ao Proxecto Enki, que colaborou na pasada #Coruña21, ou os Maratóns do Porto e Sevilla. O propio #MaratónAtlántica terá o seu propio espazo expositivo, do mesmo xeito que as concellerías de Turismo e Medio Ambiente, esta última velará porque a competición volva ser unha carreira sostible.

Palexco será, ademais, o sábado sede da Pasta Party que, coa colaboración de Cambalache e a organización de #Coruña42, ofreceralles ás persoas participantes tanto do maratón como da súa #10k, e aos seus acompañantes, un completo e variado menú buffet nunha contorna única mirando ao mar e a prezos populares.

Charlas, PastaParty e películas

A proxección da película "Vivir sin parar" será o pistolezado de saída das actividades de #Exporunning. Será ás 19.00 horas do venres, na Sala Gaivota. A película conta a historia de Paul Averhoff, un maratoniano profesional xa retirado, que chegou a gañar a medalla de ouro nos Xogos de Melbourne en 1956. Unha historia de superación que podería ser a de miles de maratonianos de avanzada idade.

O sábado 18 ás 11.00 horas e tras a realización do #BreakfastRun Solidario no Parrote, é a quenda do ciclo de charlas e conferencias, con especialistas destacados nas diferentes áreas disciplinares que afectan ao running. O colofón será unha mesa redonda ás 19.00 horas na que participarán Pedro Nimo, Vanessa Veiga, José Requejo e Cristina Santiago, na que os propios corredores e especialistas en maratón analizarán a proba, os 42.195 metros que conforman a dita carreira e como afrontala.

Durante máis de 30 horas, A Coruña converterase no epicentro do universo runner antes de dar paso ao broche de ouro dunha fin de semana deportiva coa realización do #MaratónAtlántica e a súa carreira popular de #10k. Porque, se #aquícorremosasí, como non iamos realizar unha #Exporunning coma esta?

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión