Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xullo de 2015

A segunda edición do tríatlon urbano desenvolverase na contorna da praia de San Amaro e Paseo Marítimo logo que o goberno local traballase para evitar a nulidade da proba por motivos de mobilidade

Dispositivo especial de tráfico pola celebración da carreira Hércules XTRM

O Concello da Coruña informa do dispositivo especial de tráfico que terá lugar co gallo da celebración, esta fin de semana, da segunda edición do tríatlon de media distancia Hércules XTRM.

A proba, que estivo “técnicamente” anulada tras ser avaliado o percorrido inicial polas áreas de seguridade e mobilidade municipais, dispón dun novo recorrido para evitar colapsos no centro da cidade. A nova localización, na contorna de San Amaro, permitirá o desenvolvemento desta singular carreira na que 500 deportistas nadarán 1900 metros, pedalearán 90 quilómetros polo Paseo Marítimo e, no último tramo, correrán 21 quilómetros na contorna da Torre de Hércules. Para o desenvolvemento do tríatlon de media distancia, será precisa a realización de distintos cortes de tráfico na cidade o domingo día 26. A rúa Regata Cutty Sark, desde o cruce do Club del Mar até a intersección do hotel Ciudad de A Coruña, estará cortada totalmente desde as 08.00 horas até afinalización da proba, ás 16.30 horas. Manterase o acceso aos garaxes afectados. O Paseo Marítimo estará cortado ao tráfico desde a glorieta de Adormideras até Almirante Eulate desde as 8.15 da mañá até as 13.30 horas. Desde Almirante Eulate até o ascensor do Monte de San Pedro, o Paseo só estará cortado parcialmente polo lado do mar; e desde o ascensor panorámico até 1a glorieta do Colexio Pardo Barzán estará cortado na súa totalidade, manténdose o acceso desde O Portiño.

Cambio nas liñas de autobùs

 A celebración da proba Hércules XTRM tamén afecta ás liñas de autobús, pois até as 14.00 horas do domingo 26, córtase o tráfico no Paseo Martímo. O corte afecta as liñas 3, desde Adormideras a Praza de Pontevedra; 3A, desde Avda. da Habana a Adormideras; 5, en Adormideras; e 4, 6, 6A e11, desde San Andrés e en sentido de circulación cara á Monte Alto. En sentido de circulación cara á Monte Alto/Adormideras, as liñas 3, 3A e 7 circularían pola Avda.da Habana, Alfredo Vicenti e Praza de Pontevedra. Desde alí as liñas 3 e 7 continuarían polo seu itinerario habitual, mentres que a 3A, xunto coas liñas 4, 6, 6A e 11 faríano por San Andrés, Sol,Hospital, Praza de España, San Juan e Orillamar, continuando as liñas 4, 6, 6A o seu itinerario habitual. A liña 11 circulará por Avda. de Navarra e Rolda de Monte Alto e, ao non poder accederá glorieta do Paseo Marítimo, Casa dos Peixes, fará cabeza de liña en Avda. de Hércules, 115. As liñas 3, 3A e 5 baixarán pola rúa Manuel García Canzobre cara á Adormideras. É posible que no momento en que finalice a proba de natación e iníciese a de ciclismo ditas liñas non poidan circular por las rúas Regata Cutty Shark e Juan Sebastián Elcano, nese caso farían cabeza de liña na glorieta do Paseo Marítimo próxima á Residencia Torrente Ballester. A liña 3, desde a glorieta da Torre circulará por Avda. de Navarra, Rúa da Torre, Praza de España, Panadeiras, Rúa do Orzán, San Andrés e Praza de Pontevedra, onde se incorpora ao seu itinerario habitual.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión