Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xullo de 2015

Culturas e Deporte presenta o tríatlon "Hércules XTRM", no que participarán 500 deportistas

A segunda edición desenvolverase na contorna da praia de San Amaro logo que o goberno local traballase para evitar a nulidade da proba por motivos de mobilidade.

O Concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a segunda edición do tríatlon de media distancia Hércules XTRM, unha proba urbana que disputarán máis de 500 deportistas locais e procedentes doutros puntos do estado ou países como Francia, Brasil ou Nova Zelanda.

O concelleiro amosou "o apoio absoluto" do Concello ás probas deportivas na cidade. Precisamente, Sande lembrou que a proba estivo "técnicamente" anulada tras ser avaliada polas áreas de seguridade e mobilidade municipais, xa que o percorrido inicial coincidía no tempo e espazo con obras da Mariña e a mesma Feira das Marabillas, e poderían provocar colapsos no centro da cidade. O concelleiro confirmou a celebración da proba grazas ao "traballo conxunto" do Concello xunto á organización do tríatlon, co cambio de data e percorrido. A nova localización, na contorna de San Amaro, permitirá o desenvolvemento desta singular carreira na que medio millar de deportistas nadarán 1,9 quilómetros e, despois da primeira transición, pedalearán 90 quilómetros polo Paseo Marítimo. No último tramo, o grupo correrá 21 quilómetros pola contorna da Torre de Hércules.

Unha das novidades desta edición do Hércules XTRM será a proba Wet & Run, pensada para "fomentar o deporte popular e de base", segundo a organización, e que consistirá nunha especie de acuatlón na que 125 participantes nadarán 0,9 quilómetros e correrán outros 10 km.

Podes descargar os planos dos circuíto a pé de páxina.

Podes acceder a máis información da carreira neste enlace

Documentos relacionados

  • Circuíto Nado (78 KB)
  • Circuíto Ciclismo (547 KB)
  • Circuíto Running (102 KB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión