Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de abril de 2013

Coruna42, unha festa de animación na rúa

O Maratón Atlántica será algo máis que unha competición deportiva que traerá ás rúas a algúns dos mellores atletas nacionais, xa que para dar cor e diversión desenvolveranse de forma paralela á carreira dende as 09.30 horas ata as 13.30 actividades de animación como concertos, master class ou competicións de baloncesto ou balonmán, entre outras accións.

A segunda edición do Maratón Atlántica aspira a volver ser un grande acontecemento deportivo, este ano será Campionato de España e Galego, e ademais contará con corredores punteiros a nivel nacional. Pero, o evento deportivo quere ir máis alá e por iso preparáronse unha ampla gama de actividades paralelas á carreira que se realizarán todas dende as 09.30 horas ata as 13.30 horas. Estas dividiranse en catro categorías: deportivas, musicais, danza e master class.

Deportivas:

BasquetC42: Estará organizado polo Básquet Coruña, desenvolverase na explanada de Riazor e poderanse disputar partidos, incluíndo minibásquet.

Súbete á onda, xoga connosco ao volei praia: O Club Voleibol Zalaeta levará a cabo esta actividade na praia de Riazor e invita a todos os afeccionados ao voleibol a gozar deste deporte no areal coruñés.

Balonmán OAR Coruña: Grazas ao OAR Balonmano todos os que o desexen poderán participar en encontros de mini que se disputarán na Praza Tabacalera.

Galicia Rollers: Situada na Praza de Pontevedra, esta agrupación faralles sentir aos participantes a velocidade sobre uns patíns.

Gymkanapatíns: Todos os que o desexen poderán intentar superar unha gymkana nos xardíns de Méndez Nuñez pero subidos a uns patíns.

Musicais:

Locais de ensaio: Varios grupos locais realizarán actuacións en vivo e irán rotando de escenarios, pois haberá dóus: un na Praza Tabacalera e outro no reloxo floral dos xardíns de Méndez Nuñez.

Animadores de lujo: Este grupo contará cun escenario en San Roque dende o que interpretarán os seus temas e amenizarán a carreira.

Animación Suicide Norte: Esta agrupación terá na entrada da Casa dos Peixes o lugar onde realizarán o seu concerto.

Grupo musical Pyjamas: Este grupo tocará dende a súa sede na Praza Tabacalera, dende a que animarán o evento coa súa música.

Banda Sinfónica Adagio Cantabile: Interpretará temas de música clásica e estarán situados na Autoridade Portuaria.

Master Class:

Zumba&nenos: No Obelisco ademais dun inchable para os máis pequenos poderase gozar practicando zumba.

Zumbathon: Todos os que o desexen poderán asistir a clases de zumba, que se desenvolverán no exterior da Casa da Auga.

Danza:

Anima 42 con AIND (Asociación para a Integración do Neno Diminuído): Na explanada de Riazor poderase gozar coa actuación realizada por integrantes de AIND.

Anima 42 coas EDM (Escolas Deportivas Municipais): Tamén estarán na explanada de Riazor para que todos os que o desexen acudan a ver as actuacións. Intercalaranse actuacións das dúas agrupacións.

Maisquedanza: A asociación de Lalín ofrecerá os seus espectáculos na Coiraza do Paseo Marítimo.

Grupo de Danza UDC: Tamén na Coiraza poderase gozar desta agrupación da Universidade da Coruña.

New Kids on the Flow: A Escola de Danza Show fará unha demostración de baile hip-hop na fonte dos surfistas.

Yoga Integral Celular: Tamén nos surfistas poderase asistir a demostracións de ioga.

Ti escolles o mellor grupo de animación en #Coruña42

Gozaches coa carreira, vibraches cos atletas e divertícheste coa animación. Agora queremos que decidas cal foi o mellor evento no Maratón Atlántica.

Cando? Dende que comecen as actividades o domingo 21 (09.30 horas) ata unha semana despois, o domingo 28 ás 23.59 h.

Como? Moi sinxelo. Só tes que ser seguidor da conta oficial de Twitter da organización (@Coruna42) e indicar o teu grupo ou evento favorito e o punto de animación onde estaban situados, por exemplo Praza de Pontevedra, seguido do hashtag #AnimaciónCoruña42.

Documentos relacionados

  • Bases do concurso en twitter (288 KB)
  • Mapa de localización de puntos de animación (155 KB)
  • Programa de animación Coruña42 (36 KB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión