Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de decembro de 2014

Coruña42 promociónase mentres atrae visitantes de toda a xeografía

A participación na feira do corredor do Maratón do Porto e do Maratón de Valencia foron as dúas primeiras citas ás que acudiu o Maratón Atlántica. Sevilla, Barcelona e Madrid serán as próximas paradas dunha proba que segue completando o seu mapa de comunidades representadas.

Con máis de catro meses por diante xa son 16 as provincias españolas que incorporan corredores e corredoras que gozarán da cuarta edición do Maratón Atlántica Coruña42. A comunidade autónoma galega, así como Asturias e Portugal, son as áreas máis representadas, constatando o feito de que na Coruña temos o único maratón homologado do noroeste peninsular.

Con motivo do Maratón do Porto, Coruña42 promocionouse na feira do corredor, dando os seus froitos ata o momento cunha boa presenza de corredores portugueses xa inscritos para a cita. En datas recentes foi no maratón de Valencia onde, de novo da man de Turismo Coruña, tamén se instalou un posto para que os corredores do terceiro maratón español en participantes, coñecesen o plus que supón correr un situado a beiras do Atlántico.

Aínda queda moito tempo para o 19 de abril do 2015, así que esperamos que o noso mapa continúe coloreándose, lembrando sempre os diferentes prazos para inscribirse, ademais das vantaxes para desempregados e pensionistas.

Participantes Prazos de inscrición Prezos
Atletas federados pertencentes á FGA Ata o 12 de abril do 2015 Gratuíto
Populares e atletas federados noutras federacións de atletismo, posuidores de chip amarelo Ata o 19 de xaneiro do 2015 ou ata chegar aos 1.500 inscritos 25 €
Dende o 20 de xaneiro ata o 5 de abril do 2015 35 €
Do 6 ao 12 de abril do 2015 50 €
Populares e resto de federados non posuidores de chip amarelo Ata o 19 de xaneiro do 2015 ou ata chegar aos 1.500 inscritos 28 €
Dende o 20 de xaneiro ata o 5 de abril do 2015 38 €
Do 6 ao 12 de abril do 2015 53 €

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión