Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2015

Coruña42 entrega a achega solidaria a ADACECO

O Maratón Atlántica realizado o pasado 19 de abril recadou 3241,5 euros procedentes das inscricións dos seus corredores, a achega da Obra Social La Caixa, o Breakfast Run, o mercado solidario e as doazóns voluntarias. A contía destinarase á Asociación de Dano Cerebral Adquirido Coruña, entidade sen ánimo de lucro que traballa de maneira integral por e para os afectados e as súas familias.

O Maratón Atlántica Coruña42 volveu demostrar que #correresmásquecorrer e a solidariedade que envolven estes eventos, ao poder anunciar unha recadación próxima aos 3.300 euros para o proxecto de ADACECO (Asociación de Dano Cerebral da Coruña).

O concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo, recibiu a José Manuel Caamaño, director de Área de Negocio de CaixaBank na Coruña, e a Carmen Fernández Quiroga, presidenta de Adaceco, para facer entrega do diñeiro recadado en Coruña42 a favor desta entidade. Esta asociación sen ánimo de lucro, cuxa área de actuación é A Coruña e área metropolitana, ten o compromiso de traballar por e para as persoas afectadas de dano cerebral adquirido e para as súas familias, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida a través dunha atención interdisciplinar que ten como meta a reinserción psicosocial destas persoas na súa contorna.

O diñeiro recadado procede de diferentes achegas. Por unha banda, destinouse unha porcentaxe da inscrición de cada corredor á campaña, co apoio da Obra Social de La Caixa. Ademais, habilitouse un mercado solidario na Exporunning, onde os corredores puideron adquirir a módico prezo camisetas técnicas das carreiras da cidade. Por último destinouse integramente a recadación por inscrición no primeiro Breakfast Run solidario, outra das actividades complementarias da Atlántica. A recadación final ascendeu a 3241'5 euros.

Coruña42, ademais de ser unha festa por e para os corredores populares, volveu demostrar a filosofía que impera nesta triloxía de grandes carreiras e en todas as desenvolvidas na cidade, que apoian iniciativas solidarias, demostrando a realidade do seu slogan #correresmásquecorrer.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión