Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de outubro de 2014

Coruña42 comeza a súa conta atrás coa apertura de inscricións

O Maratón Atlántica realizará o próximo 19 de abril do 2015 a súa cuarta edición e exactamente seis meses antes abre o seu período de inscricións, que estará operativo na web www.carreirasgalegas.com dende o 19 de outubro ata as 24 horas do 12 de abril. Habilitarase proximamente unha opción presencial.

#Coruña42 inicia o seu camiño cara á súa cuarta edición e dá o primeiro paso para a súa realización coa apertura de inscricións a partir do 19 de outubro, xusto seis meses antes da realozación do Maratón Atlántica. Os corredores poderanse anotar a través da pasarela de inscrición de pago da web www.carreirasgalegas.com ata as 24 horas do 12 de abril. Proximamente poñerase a disposición dos runners unha fórmula de anotación á competición presencial. Lembramos que o trazado volverá contar cunha distancia homologada de 42.195 metros, coincidirá co Campionato Galego Absoluto e de Veteranos, individual e por clubs, desta distancia, e pertencerá ao calendario nacional da RFEA. A carreira empezará ás 08.30 horas e de forma paralela disputarase a proba de 10 quilómetros.

Haberá diferentes tramos de inscrición, segundo os cales variará a cota. Para os federados galegos que vaian participar no Campionato Galego será gratuíta. No caso de populares e resto de federados que teñan chip amarelo nun primeiro período de inscrición que se prolongará ata o 19 de xaneiro do 2015 ou ata chegar aos 1500 inscritos a cota será de 25 euros, e para populares e resto de federados non posuidores de chip amarelo a cota será de 28 euros. A partir do 20 de xaneiro, abrirase o segundo tramo de inscrición, para populares e resto de federados con chip amarelo cunha cota de 35 euros e para o grupo de populares e resto de federados non posuidores de chip amarelo 38 euros, mentres que no último período de anotación do 6 ao 12 de abril a contía será de 50 e 53 euros, respectivamente.

Os desempregados e xubilados terán, ademais, desconto do 50% sobre a cota que lles corresponda. Para que esta sexa efectiva deberán presentar e/ou enviar os documentos que acreditan esta situación no Rexistro Xeral do Concello da Coruña e no prazo máximo dunha semana tras efectuar a súa inscrición. Para ter dereito á bonificación, o prazo para a inscrición finaliza o 5 de abril, e o prazo para a entrada dos documentos no Rexistro Xeral do Concello finaliza o 5 de abril. Unha vez comprobados os documentos, en caso de non corresponder a bonificación procederase a anular a inscrición.

A documentación para entregar no caso dos parados será a fotocopia do DNI e Informe de períodos de altas e baixas, expedido polo Servizo Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira. Mentres no caso de pensionistas e xubilados haberá que presentar a fotocopia do DNI e Certificación expedida polo INSS da situación en que se encontra. Estes deberanse presentar no Rexistro Xeral do Concello da Coruña ou enviar por correo certificado (Servizo Municipal de Deportes) situado no Palacio dos Deportes de Riazor rúa Manuel Murguía, s/n 15011 A Coruña) ou presentar na ventá única do concello de orixe do corredor e dirixilo ao Rexistro Xeral do Concello da Coruña facendo constar claramente: Solicitude de bonificación para participar en C42.

#Coruña42 comeza xa a arrincar cara á súa cuarta edición e xa podedes formar parte dende o 19 de outubro do Maratón Atlántica. Vides?

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión