Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de decembro de 2014

Coruña21 xa ten a súa campaña solidaria a favor de Ayuda en Acción

Fieis ao compromiso dun dos nosos lemas, Correr é máis que correr, presentamos o programa de apoio á infancia en España de Ayuda en Acción. Esta organización española de cooperación ao desenvolvemento, traballa para impulsar cambios estruturais que contribúan á erradicación da pobreza infantil. O 10% das inscricións para o Medio Maratón Coruña21 destinaranse a apoiar este propósito.

O próximo 22 de febreiro temos unha nova gran cita co running na cidade, xa que se realiza o VII Medio Maratón Coruña21, a primeira das tres grandes carreiras da cidade que non faltarán á súa cita no 2015. Neste caso, e no do Maratón Atlántica Coruña42 do 19 de abril, xa está dispoñible a inscrición.

E de novo manterémonos fieis a un dos nosos lemas, Correr é máis que correr, de modo que asociamos o noso medio maratón a unha causa que estimule a conciencia solidaria dos nosos corredores e corredoras. Despois da boa experiencia que supuxo a colaboración con Coppadis na pasada Coruña10, onde se recadaron 3.000 € para esta causa que financia a investigación en Parkinson, queremos apoiar o traballo de Ayuda en Acción.

Falamos dunha organización de cooperación ao desenvolvemento, independente e aconfesional que traballa para impulsar cambios estruturais que contribúan á erradicación da pobreza. Ayuda en Acción impulsa máis de 100 programas de desenvolvemento integral que melloran as condicións de vida de máis de 2.500.000 persoas. No curso escolar 2013/2014 e debido á crise económica, e ao aumento da pobreza en España, Ayuda en Acción está a apoiar a infancia e as familias máis vulnerables a través dun programa de centros educativos.

Actualmente o proxecto apoia a máis de 9.000 nenos e nenas de 30 centros escolares, atendendo as necesidades e educativas, a través de bolsas de comedor escolar, de material didáctico e libros, ou axudas para excursións e actividades extraescolares.

O gran de area de Coruña21 consistirá en proporcionar o 10% de cada inscrición a esta campaña, ademais de posibilitarlles aos corredores sumar unha achega voluntaria que redondee o dito importe. Así mesmo habilitarase un dorsal cero para aqueles que queiran colaborar sen calzarse as zapatillas de correr.

Nós xa demos o primeiro paso, úneste á loita contra a pobreza infantil en España apoiando o proxecto de Ayuda en Acción?

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión