Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de febreiro de 2014

Coruña21 pulveriza o seu récord de participación rozando os 2000 inscritos

A sexta edición do Medio Maratón, que este ano será ademais Campionato de España Absoluto e de Veteranos, supera o número de inscritos na pasada edición, que roldou os 1200. Ademais de contar con atletas da categoría de Alessandra Aguilar e Yolanda Gutiérrez en categoría feminina, ou Javier Guerra, Ayad Lamdassem, José Antonio Núñez, Rafael Iglesias, Alejandro Fernández, Marc Roig ou Pablo Villalobos, entre outros, máis de 1600 populares tomarán parte no Medio Maratón.

Coruña21 aínda non se disputou, pero o Medio Maratón e Campionato de España da distancia en categoría Absoluta e de Veteranos xa superou de sobra os seus índices de participación con respecto á pasada edición. Un total de 1966 inscritos tomarán a saída este domingo ás 10.00 horas, mellorando a xa de por si boa afluencia de corredores do 2013, con preto de 1200 runners.

Esta cifra fixo realidade as previsións de Francisco Mourelo, concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude, que na presentación de Coruña 21 esperaba superar os 1500 atletas. Destes case 2000 corredores 284 están inscritos no Campionato de España, 126 en categoría absoluta e 158 en veteranos. Unha terna de atletas dispostos a pelexar por lograr unha mínima de cara ao Mundial que se disputará o 29 de marzo en Copenhague e que contará con varios candidatos. En categoría masculina hai que destacar o concurso dos atletas do Bikila Club David Solís e o trío formado por Ayad Lamdassem, Javier Guerra e José Antonio Núñez, campións recentemente do Europeo de cros. Tamén estarán en Coruña21 Pablo Villalobos, Marc Roig, Alejandro Fernández, Rafael Iglesias ou Diego Tamayo, entre outros. Mentres, en mulleres hai que destacar a presenza de Alessandra Aguilar, Yolanda Gutiérrez, Marta Esteban, Amaya Sanfabio, María José Pueyo ou Paula Mayobre.

Ademais do cartel de luxo co que contará Coruña21, a altísima participación dos corredores populares consagra o Medio Maratón como unha das citas ineludibles no calendario nacional de competicións en ruta. Máis de 1600 atletas populares competirán no Medio Maratón desta fin de semana, confirmando o bo momento que vive o running na Coruña. Ademais da organización deste tipo de eventos que unen en perfecta comuñón atletas de elite e populares, o Concello da Coruña promove a través do Circuíto Coruña Corre unha rede de carreiras populares que engloban os diferentes barrios da cidade. Este domingo os atletas populares terán unha grande oportunidade de competir en perfecta comuñón cos de elite, nun evento deportivo que demostra cada edición que o binomio populares-profesionais é posible.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión