Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de febreiro de 2014

Coruña21, máximas facilidades de mobilidade para a cidadanía

A sexta edición do Medio Maratón traerá de novo competición de alto nivel á cidade, coa realización do Campionato de España e case 2000 atletas, pero aspira, ademais, a ser un evento deportivo que permita unha boa mobilidade na cidade herculina.

Coruña21 dará o pistoletazo de saída este domingo culminando a que será a súa sexta edición. Un sexto ano no que se baterá récord de participación, rozando os 2000 inscritos, que será, ademais Campionato de España da distancia. Unha festa do deporte que convida a toda a cidadanía da Coruña a gozar e seguir a competición, e que espera garantir a través do plan especial de mobilidade as mellores condicións, no posible debido á realización do evento deportivo, de transporte rodado o día da carreira.

As vías polas que discorrerá Coruña21 serán as seguintes:

Saída do Cantón Pequeno Sta. Catalina, cara a Porta Real, Av. Marina, Av. de Montoto. Volta cara a Cantón Grande, Cantón Pequeno, Praza de Mina, Sánchez Bregua, Praza de Ourense, Av. de Linares Rivas, Av. de Primo de Rivera, Av. Exército, intersección de Casa do Mar, estrada do Porto ata a glorieta da praia de Oza e volta ata Porta Real. De novo percorrerá a Av. de Montoto, da Marina e virará á dereita por Rúa Nova, Rúa Alta ata o Paseo Marítimo. Tomará dirección Torre de Hércules ata a glorieta da Av. de Hércules. Regresará polo Paseo Marítimo ata a glorieta da Av. de Labañou. Regresa polo P. Marítimo ata a Av. de Manuel Murguía e percorre esta rúa ata a rúa Almirante Lángara. Regresa por Manuel Murguía e xira cara á Av. de Buenos Aires, continúa por Barrié de la Maza ata Modesta Goicouría e sae á Pza. de Pontevedra deixando o Manhatan á esquerda. Segue pola rúa Juana de Vega e xira cara a Sánchez Bregua para tomar de novo a Av. de Linares Rivas cara á glorieta de Oza e volver para finalizar á altura do Teatro Colón na Av. de Montoto.

As principais incidencias que supoñerá para o tráfico rodado serán as seguintes:

  • Ás 5.30 horas cerrarase o tráfico dende Praza de Mina ata Porta Real para proceder á colocación de valos, pórticos e liñas de saída e meta
  • O resto do trazado cortarase ás 9.30 horas (a carreira comezará ás 10.00 horas) aínda que se realizará por tramos, sendo o último tramo entre Palloza e Praza de Ourense.

Co fin de causar os menores prexuízos achegamos as principais recomendacións de tráfico para a xornada matinal deste domingo día 23

  • Evitar na medida do posible o uso do vehículo na zona afectada polo Medio Maratón entre entre as 8 e as 15 horas.
  • O acceso á Cidade Vella e Monte Alto será a través destas vías: Alfonso Molina, Linares Rivas, Alférez Provisional e Paseo da Dársena. Para a saída destas zonas, Alférez Provisional, Linares Rivas cara a Alfonso Molina polo carril contrario habilitado para o efecto.
  • O acceso á zona centro, ata eixo Rúa Nova-Rúa Alta: levarase a cabo pola zona limítrofe con Monte Alto por Alfonso Molina, Linares Rivas, Alférez Provisional e Paseo da Dársena. Para a saída destas zonas, Alférez Provisional, Linares Rivas cara a Alfonso Molina polo carril contrario habilitado para o efecto.
  • O acceso á zona centro, entre Rúa Nova-Rúa Alta e Praza de Pontevedra: neste caso haberá pasos que atravesen a carreira en Fonseca con Juana de Vega, en San Andrés con Rúa Nova e en Cordelería con Rúa Alta. A saída da zona centro será cara a Monte Alto por Avda. Alférez Provisional, Linares Rivas cara a Alfonso Molina polo carril contrario habilitado para o efecto.
  • O acceso á zona centro, Ensanche: será por Alfonso Molina ou Enrique Hervada, Castiñeiras e Federico Tapia ou por Avda. Finisterre, Juan Flórez, Betanzos, Juana de Vega e túnel cara a Comandante Fontanes. Para a saída haberá un carril protexido dende Praza de Ourense ata Avda. de Alfonso Molina e por Avda. Primo de Rivera ata Avda. do Exército.

Así mesmo, a Coruña21 supoñerá variacións nas liñas de autobuses:

O tráfico das liñas de autocar 1, 1 A, 2, 2 A, 3, 3 A, 5, 7, 17, 23 A verase afectado, adaptando o seu trazado e paradas observando os traxectos alternativos en Ramón y Cajal, Xeneral Sanjurjo, Catro Camiños, Castiñeiras, Paseo Marítimo, San Andrés, segundo a liña afectada.

A continuación expoñeranse de forma pormenorizada a incidencia en cada unha das liñas:

  • O servizo das liñas 1, 1A, 2, 2A, 5, 17 e 23A, que habitualmente circulan cara a Porta Real polo itinerario: Primo de Rivera, Linares Rivas, Praza de Ourense, Cantóns e Avda. da Marina, farano por Catro Camiños, Castiñeiras, viario de Alfonso Molina, Praza de Ourense, Alférez Provisional e Porta Real. As liñas 5 e 17 con destino a Monte Alto continuarán dende o Parrote co seu percorrido habitual.
  • En sentido contrario dende Porta Real circularán, por Alférez Provisional, Praza de Ourense, viaria de Alfonso Molina, Pajaritas e Catro Camiños para enlazar a continuación cos seus respectivos percorridos habituais.
  • As liñas 3 e 7 circularán por San Andrés, Praza de España, Paseo Marítimo, incorporándose no Abente y Lago ao seu itinerario habitual.
  • A liña 3A, co fin de dar servizo ao Hospital Abente y Lago realizará o seguinte itinerario: Praza de España, Veramar, Paseo Marítimo, Abente y Lago, Maestranza, Praza de España e Juan Flórez para enlazar a continuación co seu percorrido habitual.
  • As liñas 21 e 23 non farán a parada-cabeza de liña de Juana de Vega, senón que dende Francisco Mariño continuarán por Juan Flórez, Mezonzo e Catro Camiños, incorporándose en Ramón y Cajal ao seu itinerario habitual.
O servizo que habitualmente circula cara a Monte Alto por Praza de Pontevedra, San Andrés e Rúa Alta, circulará pola rúa San Andrés e Rúa Alta ata que sexa estritamente necesario o corte para dar paso á proba. Durante o tempo do corte en San Andrés, arredor da hora e media, as liñas afectadas, 3, 3A, 6, 6A, 7 e 11, pasarán a circular por:
  • Avenida de Finisterre, Juan Flórez, San Pedro de Mezonzo, Castiñeiras, viaria de Alfonso Molina, Praza de Ourense, Alférez Provisional, Porta Real, Parrote, Maestranza e Orillamar, retomando neste punto o itinerario habitual. A liña 4 tamén circula por San Andrés, polo cal dende o momento do corte pasará a facelo dnsde Catro Camiños por Castiñeiras, viario de Alfonso Molina, Praza de Ourense, Alférez Provisional, Porta Real, Parrote, Maestranza e Orillamar, retomando neste punto o seu itinerario.

Informarase destas modificacións en cada liña dende o día de hoxe en cada parada habitual para este domingo, día da realización da carreira. En resumidas contas, Coruña21 quere ser esta edición máis que nunca unha festa a nivel deportivo, unha competición que una corredores populares e de elite, e na que a cidadanía da Coruña poida gozar e vibrar coa proba, sen que iso supoña un problema da mobilidade para a urbe.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión