Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2014

Coruña21 abre a inscrición e proponnos o seguinte gran reto

Dende as 8.30 horas de hoxe mércores xa está dispoñible a inscrición no Medio Maratón Coruña21. A cita será o próximo 22 de febreiro do 2015, co que se dispón tres meses para preparar unha cita esixente, que espera superar os 2.000 participantes na súa sétima edición, despois de quedar ás portas no 2014.

O 22 de febreiro A Coruña volverá vivir outra das súas grandes citas populares coa realización da sétima edición do Medio Maratón Coruña21. Dende esta mesma mañá xa é posible inscribirse a través da web www.carreirasgalegas.com, e o prazo finalizará o próximo 17 de febreiro. En próximas datas habilitarase a posibilidade de inscrición presencial.

A proba está integrada unha vez máis no calendario da Real Federación Española de Atletismo, e desenvolverase por un circuíto hologado por ela, mantendo as súas características habituais de circuíto chairo e rápido. As cotas de inscrición mantéñense nas contías dos últimos anos, con 15 € para os posuidores de chip e 18 € para quen deba alugalo para a proba. Establécense condicións especiais para os desempregados e xubilados, que terán un desconto do 50% da cota que lles corresponda.

As categorías de participación na proba son:

Categoría Data de nacemento
Júnior 1996 e 1997
Promesa 1993, 1994 e 1995
Sénior dende 1992 ata veteranos
Veteranos 1 de 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba
Veteranos 2 de 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba
Veteranos 3 de 50 a 59 anos cumpridos ata o día da proba
Veteranos 4 a partir de 60 anos cumpridos ata o día da proba

Tanto en categoría masculina como feminina, haberá premios en metálico para os primeiros clasificados (seis en cada categoría). Tamén haberá premios para os mellores galegos e os mellores coruñeses. De novo este ano hai un premio económico especial ao récord da proba que estableceron o ano pasado os atletas Alessandra Aguilar e Ayad Lamdassem, cando se proclamaron Campións de España na nosa cidade. As marcas para bater son na categoría masculina 1h02:57 e na feminina 1h11:16.

En definitiva, unha nova oportunidade de gozar do running na cidade herculina e de seguir aumentando esa marea de corredores que inundan as nosas rúas cada día.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión