Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xuño de 2014

Coruña10, Coruña21 e Coruña42 non faltarán á súa cita no 2015

A reurbanización da Marina e do Parrote supoñerá recuperar o corazón da cidade, con máis de 50.000 metros cadrados para uso e goce da cidadanía. As nosas tres grandes carreiras buscarán solucións temporais para o 2015, antes de aproveitarse tamén deses novos marcos incomparables da Coruña.

As obras da zona centro da cidade xa están a pleno rendemento, e mentres se estima que O Parrote poida estar terminado a final deste mes, o túnel da Marina necesitará aproximadamente un ano para a súa finalización. Este período de tempo obrigará a tomar solucións temporais para o desenvolvemento das próximas grandes carreiras da cidade, que están garantidas aínda que necesiten algunhas adaptacións nos seus trazados.

O devir dunha obra deste calibre é flexible en canto á súa programación, polo que necesitaremos adaptarnos á situación puntual en cada unha das datas das carreiras. En primeiro lugar temos a realización da VIII Carreira Popular Coruña10 o próximo 5 de outubro do 2014, na cal haberá que deseñar un circuíto totalmente novo que libere a zona dos Cantóns, aínda que quizais xa poidamos aproveitar o novo espazo xerado no Parrote.

En canto ao Medio Maratón Coruña21 estase formulando xa o estudo de datas, e prevese que sexa similar á súa cita deste ano en febreiro. De novo é improbable poder repetir un dos dous trazados utilizados ata o momento, o orixinal ou o da súa última edición, pero buscarase a opción máis cómoda para as persoas participantes, tratando de manter na medida do posible as características que tivo ata o momento, como un circuíto chairo e rápido.

Respecto do Maratón Atlántica 2015 en primeiro lugar débese fixar unha data na liña das súas tres primeiras edicións, aínda que pode afectar o prazo da obra porque no seu momento habitual a finais do mes de abril pode estar xa moi avanzada.

En definitiva, as próximas citas poden ter certa incerteza en canto ao trazado do seu percorrido pero ningunha respecto da súa realización. Encontraranse solucións, terase en conta como ata agora a opinión dos corredores, así como favorecer a mobilidade da cidade, e entre todos continuaremos no camiño de consolidar A Coruña como unha das cidades importantes para o mundo do running.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión