Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de outubro de 2013

Coruña10 2013 bate os seus rexistros de inscrición

Nesta edición inscribíronse 475 atletas máis ca no 2012 (un aumento do 15,48 %). Todas as cifras superan as de anos anteriores, o que continúa consolidando a Coruña10 como unha das probas destacadas do calendario atlético autonómico.

Tras o cerramento das inscricións para participar o vindeiro domingo 6 en Coruña10, as cifras de inscrición volven ser, un ano máis, de marca. Se na pasada edición se logrou superar a barreira dos 3.000 inscritos (3.067 foi a cifra final), este ano ese algarismo quedouse curto e o número de participantes vaise por encima dos 3.500. Sumados os inscritos vía web: 3.324 e os que se pasaron pola planta de deportes dos centros de El Corte Inglés na Coruña: 224, o número total de atletas que queren participar na carreira do domingo ascende a 3.548, un novo rexistro para a historia dunha carreira que non parou de crecer dende a súa primeira edición. Do total de corredores 2.598 van disputar a proba sénior mentres que 950 farán os percorridos deseñados para categorías de menores.

Na listaxe de participantes atopamos a unha gran representación dos atletas galegos de primeiro nivel. En categoría masculina sete dos inscritos acreditan marcas por baixo da media hora na distancia: Lolo Penas, David Solís, Jesús de la Fuente, Rubén Diz, Alejandro Fernández (gañador 2012 e recente medalla de bronce no nacional da distancia), Manuel Hurtado e Carlos Villamor. En categoría feminina os mellores rexistros previos son os de Ester Navarrete, Solange Pereira, Paula Mayobre e a vixente gañadora de Coruña10 (e décima clasificada no Maratón de Berlín do pasado domingo) María Yolanda Gutiérrez.

Xunto a eles máis de 3.500 deportistas converterán as rúas da cidade nun circuíto o domingo a partir das 11.00 da mañá. Dúas horas despois coñeceremos cantos dos inscritos completan o percorrido. O ano pasado contabilizáronse 2.903 chegadas dos 3.067 inscritos (2.080 dos 2.200 absolutos e 823 dos 867 menores).

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión