Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de outubro de 2014

Coruña Corre premia os corredores responsables

O circuíto comezará para a súa segunda cita, a Popular de Novo Mesoiro do próximo 2 de novembro, un proceso de confirmación de asistencia, para poder coñecer de primeira man o número de participantes e evitar así sobredimensionar recursos. Todos aqueles que o indiquen entrarán nun sorteo por carreira de material deportivo grazas á tenda SoloRunners da Coruña

O circuíto de carreiras populares #CoruñaCorre quere que todas as citas sexan probas sostibles, onde os recursos que se destinen sexan acordes ás necesidades dos corredores. A mobilización de persoal para cada carreira como voluntarios, protección civil, corpos de seguridade, monitores para o servizo de ludoteca, etc., ou en canto a recursos materiais, como a cantidade de avituallamento necesario, implica que dende a organización se estableza a partir da próxima proba, a de Novo Mesoiro (2 de novembro) un proceso de confirmación de asistencia. Deste xeito empregaranse de forma eficiente e responsable os recursos, en función do número de corredores que tomen a saída.

A unha semana do peche de inscricións do Memorial Iván Rocha Freire de Novo Mesoiro, que será ás 24 horas do 29 de outubro, a todas as persoas inscritas no Circuíto #CoruñaCorre enviaráselles un correo electrónico cun enlace que levará os runners a unha páxina de confirmación da participación a través da plataforma do cronometrador Championchipnorte. Os corredores deberán premer no link, buscarse na listaxe de inscritos, confirmar a súa autenticidade achegando o seu número de DNI e indicar se asistirá ou non á carreira, así como se fará uso do servizo de ludoteca e o número de nenos beneficiados (ata un máximo de 6 nenos por persoa).

Dende a organización de #CoruñaCorre pedímoslles aos corredores responsabilidade á hora de confirmar se estarán ou non na liña de saída das cinco carreiras que restan para garantir así probas máis sostibles e nas que non se destinen recursos de forma pouco eficiente ou sobredimensionada. Ademais, as súas accións terán premio, xa que grazas á colaboración de SoloRunners Coruña todos os corredores que indiquen a súa dispoñibilidade para a proba entrarán en cada unha das probas nun sorteo de material deportivo, cortesía deste establecemento.

#CoruñaCorre quere ser un evento sostible a todos os niveis e para iso esperamos que os runners axuden a este obxectivo, demostrando a súa responsabilidade e axudando a que as probas conten coa dotación necesaria en función das persoas participantes e que os recursos se empreguen de forma eficiente e sostible. Grazas a todos!

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión