Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2015

Coruña Corre e o Club do Corredor propóñenche unha nova sesión de portas abertas

O sábado 24 de xaneiro a partir das 10.30 horas no Palacio dos Deportes de Riazor, temos unha nova cita co Club do Corredor. Unha vez máis Andrés Díaz dirixirá a sesión técnica, que incluirá como novidade unha primeira parte dedicada ás novas tendencias en zapatillas deportivas, a cargo de Carlos Martín responsable do establecemento Solorunners Coruña.

Temos grandes citas no horizonte, xa que o próximo 22 de febreiro realizarase o Medio Maratón Coruña21, a primeira das tres grandes da cidade, o 28 de marzo chegará a espectacular carreira popular nocturna da Torre de Hércules, terceira cita do circuíto Coruña Corre, e en abril remátase coa cuarta edición do Maratón Atlántica Coruña42.

Polo tanto é momento de preparación, e para iso Coruña Corre e o Club do Corredor únense nunha nova xornada de portas abertas, nas que os corredores que o desexen, ata un número máximo de 60 prazas, poderán gozar dos consellos dos mellores especialistas.

A sesión comezará ás 10.30 horas do sábado 24, no Palacio dos Deportes de Riazor, tendo unha duración aproximada dunha hora e media. Na parcela técnica a sesión será dirixida, como é habitual, por Andrés Díaz , plusmarquista europeo de pista cuberta en 1.500, acompañado de José Carlos Tuñas do Coruña Comarca e o triatleta Miki Acosta. Con todo, e antes de poñerse a suar, as persoas participantes poderán gozar da experiencia e dos consellos de Carlos Martín, responsable da tenda Solorunners en Coruña, quen poderá resolver todas as dúbidas sobre as zapatillas deportivas adecuadas para cada corredor.

Outro valor engadido desta sesión será o sorteo de cinco test de campo para valorar os parámetros fisiolóxicos do corredor, polo que cinco das persoas presentes na sesión poderán coñecer o seu punto de partida para unha boa programación do adestramento.

Se desexas asistir a esta sesión gratuíta deberás formalizar a inscrición enviando un correo electrónico indicando a vontade de anotarse ao seguinte enderezo: carreraspopulares@coruna.es. O prazo para inscribirse finalizará este venres 23 ás 20.30 horas.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión