Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de setembro de 2014

COPPADIS, quilómetros polo Parkinson

Este ano, a solidariedade tingue a carreira popular Coruña 10, que destinará o 10% de cada inscrición (0,50 euros) ao desenvolvemento do proxecto COPPADIS (Cohort of Patients with Parkinson Disease in Spain 2015). As persoas participantes poderán, ademais, optar por facer unha maior doazón ao proxecto, ao habilitarse outros rangos monetarios para a achega: 0.5, 2, 5 ou 10 euros. E non só os corredores, poñeremos a disposición de todo aquel que queira participar no proxecto a chamada Fila Cero, para facer as doazóns.

De que se trata?

COPPADIS é un estudo que pretende mellorar a calidade de vida dos pacientes e influír positivamente na súa contorna social e familiar. A enfermidade de Parkinson é a segunda enfermidade neurodexenerativa en España por número de habitantes, e estímase que en España hai arredor de 300.000 casos.

Aínda que se descoñecen as causas, un achado coincidente e seguro responsable dos síntomas é a falta de dopamina. Dende hai máis de catro décadas, o tratamento principal empregado para a maioría de pacientes é a Levodopa, que demostrou ser efectiva pero tamén ten efectos secundarios.

Por iso, o Proxecto COPPADIS pretende definir dunha maneira moi rigorosa e completa unha poboación de pacientes con Parkinson para coñecer diferentes aspectos que permitan ensaiar futuros tratamentos, mellorar a calidade de vida dos pacientes e coidadores, e reducir os custos socioeconómicos.

Máis de 30 hospitais sumáronse xa á iniciativa, que consiste nunha avaliación basal por período dun ano e un seguimento posterior de 5 anos.

Como o van facer?

O Proxecto COPPADIS formúlase sobre un concepto conciso e altamente atractivo: a compra de quilómetros. Unha pasarela de pago que establecerán na súa páxina web nos próximos meses permitiralle a todo aquel que queira mercar unha cantidade determinada de quilómetros e posteriormente elixir como facelos: correndo, nadando, en bicicleta, dacabalo… A imaxinación ao poder. Paralelamente, e para poder continuar financiando o proxecto, faranse distintas actividades relacionadas cos quilómetros por distintas cidades. Pouco a pouco poderedes ir descubrindo moito máis a través da súa páxina web.

Nós xa puxemos o noso gran de area, anímaste ti?

Coruña10 agárdate!

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión