Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xullo de 2015

Clasificacións por categorías do III Circuíto Coruña Corre

A semana pasada comezabamos co repaso das clasificacións dos máis novos nas diferentes categorías do circuíto Coruña Corre.

É a quenda agora de Cadete, Xuvenil, Junior, Promesa, Discapacidade e Equipos Mixtos, onde esta última categoría destaca nesta edición pola elevada acollida que tivo, con 35 equipos mixtos que xa puntuaron nesta edición ademais de individualmente, formando equipo cos seus compañeiros e compañeiras de fatiga.

Clasificación en categorías femininas

Cadete Feminino, temos como primeira clasificada a Alexandra Mira Vales que conta con 6 puntos en cinco participacións, a segunda clasificada é Sol García Cal con 12 puntos en catro participacións e a terceira clasificada é María Sexto Pérez con 15 puntos en catro carreiras.

Xuvenil Feminino, como primeira clasificada figura Ana Pajarrón Puga con 5 puntos en catro carreiras. A segunda clasificada é Diana Blanco López con 12 puntos en catro carreiras e terceira clasificada esta Aitana Mirás Rodríguez con 16 puntos conseguidos en cinco participacións.

Junior Feminino, a primeira clasificada é Ruth Seoane Loureda con 778 puntos en catro carreiras e a segunda clasificada Ana Martínez Mena ten 1952 puntos en catro participacións.

Promesa Feminino, como primeira clasificada figura Berta Pan Beiras con 392 puntos en cinco carreiras. Como segunda clasificada Lucía Rodríguez Pardo con 592 puntos en cinco carreiras, en terceiro lugar Balbina Tarrio Mangas con 1007 puntos en catro participacións.

Clasificación en categorías Masculinas

Cadete Masculino, como primeiro clasificado está Diego Martínez Rivas con 4 puntos en catro carreiras. O segundo clasificado David Fernández Argull con 9 puntos en catro carreiras e en terceira posición Pedro Romeu Martínez con 15 puntos en cinco carreiras disputadas.

Xuvenil Masculino, figura en primeira posición Jorge Sieira Hermida con 3 puntos en catro carreiras disputadas. O segundo clasificado, Manuel Varela Painceira, con 11 puntos en catro participacións. En terceiro posto, Yago Pazos Barbeito, quen se atopa con 12 puntos en cinco carreiras disputadas.

Junior Masculino, marcha no primeiro posto Pablo Barreira Varela con catro carreiras disputadas e un total de 84 puntos En segunda posición atópase Borja Diez García con cinco carreiras disputadas e un total de 178 puntos. En terceira posición figura David Bergondo Varela con catro carreiras disputadas e 285 puntos.

Promesa Masculino, como primeiro clasificado figura Javier Villamisar Vázquez con 260 puntos e cinco participacións. En segunda posición marcha Gonzalo Barreiro Cambón con 448 puntos en cinco carreiras e en terceira posición figura Tomás González Vidal con 643 puntos en cinco carreiras.

Na categoría destinada aos atletas que presentan algunha discapacidade atopámonos con Eduardo Núñez Iglesias en primeiro lugar, cun total de 669 puntos obtidos en catro carreiras. Tamén con cinco probas disputadas Juan Manuel Pérez Fernández, que se sitúa na segunda posición con 1743 puntos.

Clasificacións en Equipos Mixtos

Na Categoría A figura en primeira posición, despois de cinco carreiras celebradas, “CCRiazor” con 31 puntos, en segunda posición está "Mapalua Runners” con 43 puntos e con cinco carreiras e finalmente en terceira posición o “Os Coleguillas” con 55 puntos e catro carreiras disputadas.

Mentres na Categoría B a clasificación esta liderade polo “ComeCOCOs” con 26 puntos en tres carreiras, segundo figura o “Riazor Flower Power” con 38 puntos en catro carreiras e finalmente en terceira posición sitúase o “Riazor Ninjas” con 49 puntos en tres carreiras.

Podar consultar neste ligazón as clasificacións do III Circuíto Coruña Corre.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión