Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de novembro de 2014

Clasificacións por categorías do III Circuíto Coruña Corre

A semana pasada comezabamos co repaso das clasificacións dos máis novos nas diferentes categorías do circuíto Coruña Corre. Continuamos con esta clasificación provisional onde a categoría equipos mixtos duplica a súa participación con preto de 100 equipos que xa puntuaron nas dúas primeiras carreiras.

É a quenda agora de Cadete, Xuvenil, Júnior, Promesa, Discapacidade e Equipos Mixtos, onde esta última categoría destaca nesta edición pola elevada acollida que tivo, aumentando considerablemente o número de inscricións de forma espectacular, con 98 equipos mixtos que xa puntuaron nesta edición ademais de individualmente, formando equipo cos seus compañeiros e compañeiras de fatiga.

A semana que vén acabaremos o repaso ás clasificacións provisionais do circuíto, coas categorías Sénior e as 4 categorías de Veteranos.

Clasificación en categorías femininas

Cadete feminino, temos como primeira clasificada a Andrea Otero Fernández que conta con 1 punto nas súas dúas participacións, a segunda clasificada é Alexandra Mira Vales con 2 puntos en dúas participacións e a terceira clasificada é Aida Yañez Ferreiro con 3 puntos en dúas carreiras.

Xuvenil feminino, como primeira clasificada figura Paula Iglesias Garnelo con 1 punto en dúas carreiras. A segunda clasificada é Inés Oitavén Pascual con 2 puntos en dúas carreiras e terceira clasificada está Ana Pajarrón Puga con 3 puntos conseguidos en dúas participacións.

Júnior feminino, a primeira clasificada é Ruth Seoane Loureda con 269 puntos en dúas carreiras, a segunda clasificada Verónica Martínez Navarro ten 650 puntos nunha participación e en terceiro lugar figura Ana Martínez Mena con 1311 puntos en dúas carreiras.

Promesa feminino, como primeira clasificada figura Berta Pan Beiras con 223 puntos en dúas carreiras. E como segunda clasificada Lucía Rodríguez Pardo con 273 puntos en dúas carreiras, en terceiro lugar Balbina Tarrio Mangas con 476 puntos nunha participación.

Clasificación en categorías masculinas

Cadete masculino, como primeiro clasificado esta Ermias Fernández Casabella con 1 punto en dúas carreiras. O segundo clasificado Javier Rodríguez Castro con 2 puntos en dúas carreiras e empatado en segunda posición Diego Martínez Rivas con 2 puntos en dúas carreiras disputadas.

Xuvenil masculino, figura en primeira posición Jorge Sieira Hermida con 1 punto en dúas carreiras disputadas. O segundo clasificado, Jorge Varela Ruíz, con 2 puntos en dúas participacións. En terceiro posto, Manuel Varela Painceira, quen se atopa con 3 puntos en dúas carreiras disputadas.

Júnior masculino, marcha no primeiro posto Pablo Barreira Varela con dúas carreiras disputadas e un total de 32 puntos En segunda posición está David Bergondo Varela con dúas carreiras disputadas e un total de 81 puntos. En terceira posición figura Borja Diez García con dúas carreiras disputadas e 88 puntos.

Promesa masculino, como primeiro clasificado figura Marcos del Rio Regueira con 74 puntos e unha participación. En segunda posición marcha Daniel Casas González con 78 puntos en dúas carreiras e en terceira posición figura Ismael Fernández Díaz con 89 puntos en 1 carreira.

Na categoría destinada aos atletas que presentan algunha discapacidade atopámonos con Eduardo Núñez Iglesias en primeiro lugar, cun total de 274 puntos obtidos nas dúas primeiras carreiras. Tamén co total de probas disputadas Juan Manuel Pérez Fernández, que se sitúa na segunda posición con 811 puntos.

Clasificacións en equipos mixtos

Na Categoría A figura en primeira posición, despois de dúas carreiras realizadas, “Los Coleguillas” con 4 puntos, en segunda posición está “Mapalua Runners” con 5 puntos pero con dúas carreiras e finalmente en terceira posición o “CCRiazor” con 8 puntos e dúas carreiras disputadas.

Mentres na Categoría B a clasificación está liderada polo “ComeCOCOs” con 4 puntos en dúas carreiras, segundo figura o “Riazor Cuarteto Popular” con 6 puntos nunha carreira e finalmente en terceira posición sitúase o “Riazor Flower Power” con 7 puntos en dúas carreiras.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión