Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de febreiro de 2013

Clasificación do I Circuíto Coruña corre

O circuíto CoruñaCorre deixa paso ás tres grandes carreiras da cidade, a Media Maratón Coruña21 e a Maratón Atlántica Coruña42 o 21 de abril.

Unha vez chegados ao ecuador do calendario do Circuíto Coruña corre, toca deixar paso ás grandes carreiras da cidade, a Media Maratón Coruña21 e a Maratón Atlántica Coruña42 o 21 de abril. Despois das tres primeiras carreiras toca facer un pequeno balance de como marchan as clasificacións dos corredores nas súas distintas categorías. Hoxe comezamos polas categorías sénior e veteranos, e en próximas semanas daremos paso á clasificación familiar e á mocidade do Coruña corre.

Comezaremos pola clasificación masculina.

En sénior masculino está todo por decidir. Manda na clasificación Miguel Ángel Acosta, con 10 puntos conseguidos en tres carreiras disputadas, seguido moi de preto por José Alfredo Amado, con 16 puntos e dúas carreiras. En terceira posición Óscar Pazos, con 18 puntos conseguidos nas tres carreiras que se levan disputadas.

En veteranos 1 marcha no primeiro posto Jorge Alejandro Rumbo, con 21 puntos acumulados nas tres probas disputadas. En segunda posición está Fernando López de las Heras, con 32 puntos no mesmo número de carreiras. En terceiro lugar, Javier Seoane, con 38 puntos, aínda que tan só disputou dúas carreiras, debido á súa ausencia na Carreira da Torre.

En veteranos 2 figura en primeira posición Manuel Oliver, “Manute”, con 8 puntos conseguidos nas tres carreiras disputadas. Dous cuartos postos e un quinto danlle certa vantaxe sobre o segundo clasificado, Lino Seoane, que sumou 27 puntos en dúas participacións. Ségueo de preto Jesús Álvarez, con 33 puntos en tres carreiras.

En veteranos 3 manda con autoridade Emilio Martínez, contando con nada menos que 33 puntos, sumados na Carreira de Novo Mesoiro e na da Torre de Hércules, seguido de lonxe por Carlos Alberto Sieiro, con 124 puntos, quen á súa vez lle saca unha boa distancia ao terceiro clasificado José Manuel Seoane, con 179 puntos conseguidos. Neste caso, só José Manuel participou nas tres carreiras realizadas ata o momento.

Para cerrar as categorías de maior idade, veteranos 4, o podium parece bastante decidido pero non así a súa orde. Marcha en primeiro lugar Antonio Hernández, con 288 puntos acumulados en tres carreiras, seguido polo atleta Domingo Álvarez, que ten no seu haber 297 puntos, no mesmo número de probas. No terceiro posto está José Gil, que conta con 354 puntos en tres carreiras. Espéranos un verán intenso para decidir esta clasificación.

Clasificación en categorías femininas.

En sénior feminino manda na clasificación Eusebia Maldonado, con 186 puntos conseguidos en tres carreiras disputadas, seguida de lonxe por Mª Cristina Santiago, con 308 puntos e tres carreiras. En terceira posición Karina Callón, con 369 puntos conseguidos nas tres carreiras que levan disputadas e con opcións aínda de escalar posicións.

En veteranos 1 marcha no primeiro posto Susana Mª Carballo, con 259 puntos acumulados nas tres probas disputadas, e co risco de non perderse ningunha máis. En segunda posición está Alba Longueira, con 583 puntos no mesmo número de carreiras. En terceiro lugar, Tania Medín, con 612 puntos, e tamén só con dúas carreiras, debido á súa ausencia na Carreira da Torre.

En veteranos 2 figura en primeira posición Purificación Fernández, con 212 puntos conseguidos nas tres carreiras disputadas. Ten un óso duro de roer tras ela, Teresa Corral, que sumou 227 puntos en dúas participacións. Un pouco máis lonxe está a terceira clasificada, a polivalente triatleta Montserrat Hernández, con 351 puntos en tres carreiras.

En veteranos 3 reina a igualdade entre as tres integrantes do podium. Manda Pilar Marquiz, que conta con 559 puntos, sumados nas tres probas ata a data. Séguea a certa distancia Silvia Sánchez, con 661 puntos en tres carreiras, quen á súa vez lle saca unha breve distancia á terceira clasificada Ángeles Rodríguez, con 693 puntos conseguidos. Neste caso, só Ángeles perdeu unha das tres carreiras realizadas ata o momento.

E na categoría máis lonxeva, veteranas 4, só María Luisa Armesto aguanta o tirón coa súa participación nas dúas primeiras carreiras do circuíto.

Parabéns a todos e todas polo esforzo e suor malgastados ata agora. Toca velar armas ata afrontar a segunda parte do circuíto e seguir demostrando que Coruña corre.

Accede dende aquí ás clasificacións

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión