Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xullo de 2015

Así serán os últimos metros do III Circuíto Coruña Corre

A cuarta edición da Volta a Oza do próximo 9 de agosto pechará o III Circuíto Coruña Corre. Hoxe presentámosvos os circuítos da carreira dos tres parques!

O 9 de agosto é a data sinalada para poñer o broche de ouro á terceira edición do Circuíto Coruña Corre, a cal aumentou considerablemente o seu número de participantes con respecto á súa estrea. A IV Volta a Oza é coñecida como "a carreira dos tres parques" por unir nunha mesma proba San Diego, Eirís e Oza. A carreira terá como punto neurálxico o Parque de San Diego, onde se atopa o Centro Deportivo Municipal situado para os servizos complementarios da carreira, e se instalará tanto a saída coma a chegada á meta. Alí tamén terán lugar as carreiras para menores. A continuación, as e os desportistas atoparán um segundo Parque, o de Eirís e, por último e para completar este singular triángulo, farán un ondulado descenso polo Parque de Oza, con saída pola Ronda de Outeiro, para desta forma encarar o último tramo cara a meta en San Diego.

A Volta a Oza busca un percorrido para cumprir con aspectos relativos a seguridade dos corredores, a vez que dá a coñecer novos ámbitos da cidade que permiten a práctica do running. A "carreira dos tres parques" ten un percorrido duro, pero amosa belas paraxes da Coruña.

Presentámosvos os circuítos para a última festa do III Circuíto Coruña Corre!

Pode descargar os planos dos circuítos en documentos adxuntos a pé de páxina.

Documentos relacionados

  • Circuíto Volta a Oza Carreira Absoluta (2 MB)
  • Circuíto Volta a Oza Carreiras Menores (325 KB)
  • Circuíto Volta a Oza Percorrido Parque de Eirís (266 KB)
  • Circuíto Volta a Oza Percorrido Parque de Oza (466 KB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión