Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de febreiro de 2015

As imaxes dos valentes de Coruña21, nas nosas galerías

A sétima edición do medio maratón, realizado o pasado domingo día 22, deixounos centos de instantáneas para o recordo plasmadas en fotografías que captan o esforzo dos runners nos diferentes momentos da proba.

#Coruña21 xa é historia, despois de consolidarse na súa sétima edición cun récord de 2509 corredores inscritos e 2269 en meta. Con todo quedarán centos de fotografías para o recordo, co obxectivo de que as persoas participantes poidan gardar para sempre o seu periplo na proba, o medio maratón pon a disposición dos seus valentes as súas galerías.

Unha colección de imaxes realizadas polos fotógrafos oficiais da proba, colocados en diferentes puntos estratéxicos do trazado, como a zona da Torre de Hércules ou as inmediacións da meta. Imaxes de esforzo, de alegría, de orgullo ao cruzar a meta conforman un crisol de instantáneas nas que tamén poderemos ver os participantes de handbikes, proba novidade nesta edición, e que asombraron o público coa súa velocidade e a súa pericia no percorrido de #Coruña21.

Convidámosvos a que pasedes polas galerías, que captaron cunha visión especial a carreira e que vos busquedes entre todas as fotos para que poidades lembrar de novo a vosa aventura o pasado domingo día 22 de febreiro en #Coruña21 .

Enlace directo á galeria do VII Medio Maratón Coruña21

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión