Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de xullo de 2014

Apertura de inscricións da Volta a Oza

A segunda edición de Coruña Corre chega ao seu final coa realización da III Carreira Popular Volta a Oza o 10 de agosto

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa da realización, o 10 de agosto, da III Carreira Popular Volta a Oza, a sexta e última cita da segunda edición de Coruña Corre, o programa municipal que aposta polo fomento do deporte e dos hábitos de vida saudables, á vez que dinamiza a vida social dos clubs de atletismo e dos barrios.

A carreira, con saída e chegada no Parque de San Diego, recibe o nome da 'carreira dos tres parques' porque o seu percorrido pasa polos parques de San Diego, Eirís e Oza. Comezará ás 10.00 horas coa categoría absoluta (co obxectivo de adiantarse ás horas de máis calor) e percorrerá un total de 7.552 metros. O resto de categorías sairán ás seguintes horas:

  • Xuvenil e cadete: 11.15 horas, 2.430 metros.
  • Infantil: 11.30 horas, 1.620 metros.
  • Alevín: 11.45 horas, 810 metros.
  • Benxamín: 11.55 horas, 810 metros.
  • Pitufos: 12.00 horas, 150 metros.

As inscricións, para todos aqueles que non estean xa anotados ao circuíto, estarán dispoñibles de forma en liña a través das webs www.coruna.es/carreraspopulares e www.championchipnorte.com, ademais de poder realizarse en formato presencial na oficina de Viajes El Corte Inglés da Casa da Auga. O prazo finaliza o mércores 6 de agosto ás 23.30 horas. A recollida de dorsais levarase a cabo no Complexo Deportivo Municipal de San Diego, o sábado día 9 de agosto de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.30, así como o propio día da carreira ata unha hora antes da súa realización. Ese día o propio complexo de San Diego ofrecerá o servizo de duchas e o gardarroupa para as persoas participantes.

Ao ser a última proba do circuíto, o resultado da carreira decidirá as clasificacións finais de todas as categorías individuais femininas e masculinas, a familiar e os equipos mixtos. Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán os seus premios na gala que se realizará o próximo 18 de setembro, á que poderán acudir todas as persoas participantes neste circuíto que, na súa segunda edición, conseguiu duplicar o número de inscritos que se chegou a triplicar no caso concreto das mulleres nas dúas últimas carreiras.

Documentos:

ANEXO-III-CARRERA-POPULAR-VOLTA-A-OZA.pdf (861 KB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión