Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xaneiro de 2015

Aberto o prazo de inscrición para participar na "Nocturna da Torre"

A proba, que se realizará o 28 de marzo, é a terceira do circuíto Coruña Corre cunha distancia de 6.590 metros

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar na Nocturna da Torre, terceira carreira do circuíto Coruña Corre, que se realizará o próximo 28 de marzo a partir das 19.50 horas. É a proba de maior éxito do circuíto -na pasada edición contou con 1.698 corredores-.

A carreira, que leva o nome de José Antonio Varela Calviño -membro da directiva da Federación Galega de Atletismo, que combinou o fútbol coa práctica do atletismo, na que destacou dende moi nova- conta coa colaboración do Club Coruña Comarca e da Asociación de Veciños e Comerciantes de Monte Alto.

Cun percorrido de 6.590 metros, a carreira sae da explanada da Torre de Hércules para percorrer o paseo marítimo ata As Ánimas, no castelo de San Antón, e regresar ata a meta, situada tras o ascenso da rampla de subida á Torre de Hércules. O resto de categorías sairán ás seguintes horas:

  • Xuvenil e cadete: 17.15 horas, 2.300 metros.
  • Infantil feminino: 17.40 horas, 1.600 metros.
  • Infantil masculino: 17.55 horas, 1.600 metros.
  • Alevín feminino: 18.10 horas, 800 metros.
  • Alevín masculino: 18.20 horas, 800 metros.
  • Benxamín feminino: 18.30 horas, 800 metros.
  • Benxamín feminino: 18.40 horas, 800 metros.
  • Pitufos: 18.55 horas, 150 metros.

As persoas interesadas en participar pódense inscribir ata o 23 de marzo na web de championchipnorte.com ou de forma presencial na oficina de viaxes de El Corte Inglés da Casa da Auga. Esta terceira edición do circuíto Coruña Corre completarase coas seguintes probas:

  • VII Baixada Popular de Cros San Pedro de Visma. 28 de xuño
  • III Carreira Popular Ventorrillo. 12 de xullo
  • IV Carreira Popular Volta a Oza. 9 de agosto.
O circuíto Coruña Corre naceu coa intención de fomentar o deporte, aglutinar organizativamente o gran número de carreiras populares en ruta que se organizan actualmente no municipio e involucrar as asociacións veciñais e clubs de atletismo da cidade. Unha das súas particularidades é a de contar cunha clasificación familiar que pretende que os membros dunha mesma unidade familiar participen xuntos. Na súa terceira edición, segue apostando polo fomento do deporte e dos hábitos saudables entre os coruñeses de todas as idades. Tras o éxito da pasada edición, na que o circuíto se consolidou con 1.756 participantes, esta terceira edición -cuxa inscrición xa está cerrada- conta con 2.358 inscritos finais, entre os que se encontran 127 familias. Ademais, nas dúas primeiras carreiras do circuíto logrouse incrementar por encima do 22% a participación feminina, outro dos grandes obxectivos de Coruña Corre.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión