Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de outubro de 2014

Abano de servizos en Novo Mesoiro

Ao bordo dos 3.000 corredores poderán tomar a saída este domingo na Popular de Novo Mesoiro, e todos eles terán á súa disposición multitude de facilidades para converter a segunda cita do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre nun evento inesquecible

A #PopularNovoMesoiro, segunda cita do circuíto #CoruñaCorre e que se realizará este domingo no barrio coruñés, ofreceralles aos 2995 runners multitude de servizos para que poidan competir e gozar o día da carreira das maiores facilidades. As carreiras, dende absoluta a pitufos, terán saída e meta na rúa Ancares, na contorna do Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro.

Despois do cerre de onte, tanto da segunda cita, como do prazo para anotarse no circuíto #CoruñaCorre, lembramos que as persoas inscritas no circuíto e que xa competisen na proba dos Rosales non terán que recoller o dorsal nin o chip, pois empregarán o mesmo durante todas as carreiras que o compoñen. O resto de corredores anotados poderán recoller os dorsais de #PopularNovoMesoiro poderán recollerse o sábado de 11.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 21.00 horas e o propio domingo, ata unha hora antes do inicio de cada carreira. Grazas ao chip amarelo de Championchipnorte e ao código QR no dorsal, todos os runners poderán coñecer o seu crono ao finalizar a carreira, así como o vídeo da súa chegada posteriormente na #PopularNovoMesoiro. Os corredores que alugasen o chip unicamente para esta proba deberán depositalo ao final das carreiras nas zonas habilitadas para iso e que estarán debidamente sinalizadas. Os chips amarelos e verdes corresponden aos inscritos no circuíto, e non é necesario devolvelos ata a última cita, a Volta a Oza.

Buscando as mellores facilidades para os corredores, haberá un servizo de roupeiro, cuxo horario será de 9.00 a 13.30 horas no Polideportivo de Novo Mesoiro, así como servizo de duchas ao final da carreira. Ao final da proba, todos os corredores recibirán avituallamento sólido grazas a Horno San Brandán e Gadis, e líquido, por cortesía de Coca Cola. Todos os corredores das categorías de pitufos, benxamín e alevín recibirán unha medalla conmemorativa por participar na proba. Lembramos, ademais, que debido ao gran número de corredores da proba pitufos, nacidos do 2007 en diante, estableceranse tantas quendas de saída como sexa posible e separaranse por dorsais de cor segundo o ano de nacemento dos diferentes corredores, que esperarán en caixóns de saída cerrados e controlados por monitores ata o momento no que serán conducidos á liña de saída, que será indicada con canóns de confeti.

En #PopularNovoMesoiro, ademais, habilitarase un posto para que todas as persoas inscritas no circuíto e finisher en #PopularLosRosales (excepto a categoría pitufos) poidan recoller a súa primeira medalla acreditando que traspasaron o arco de meta dos Rosales. Poderán recoller a súa presea de finisher de Novo Mesoiro o 27 de marzo na #PopularTorreHércules se son finisher das súas dúas predecesoras e así sucesivamente ata chegar á última cita, a Volta a Oza e obter así as seis medallas e o estoxo conmemorativo que será entregado na gala final da terceira edición de #CoruñaCorre.

Repetindo a experiencia iniciada nos Rosales, tamén haberá servizo de ludoteca infantil para menores de 0 a 11 anos, fillos dos corredores e corredoras, que se instalará no Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro dende as 9.00 ata as 11.30 horas. Por megafonía informarase do momento e lugar no que se farán públicas as clasificacións da carreira e a entrega de premios terá lugar ao redor das 13.20 horas no palco situado na zona de saída e meta, ou no Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro, en función do tempo.

Todo un mundo de servizos ao servizo dos case 3.000 runners que tomarán a saída de #PopularNovoMesoiro, porque os protagonistas da competición merécense as mellores facilidades.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión