Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de agosto de 2014

A Volta a Oza, como flamante punto final do II Coruña Corre, coidará as persoas participantes.

Finalizou a última oportunidade para inscribirse a unha carreira das que forman a segunda edición do Coruña Corre. A Volta a Oza poñerá o broche de ouro, e o Club Marineda Atlético e a Asociación de Veciños Gaiteira-Fátima, tratarán de facilitar servizos para que as persoas participantes só pensedes en gozar da carreira dos tres parques.

Na xornada do sábado todas as persoas novas inscritas poderán recoller o seu correspondente dorsal no Complexo Deportivo Municipal de San Diego, onde Supera habilitará un acceso directo pola rampla do parking para chegar ao polideportivo, novo espazo destinado para a entrega. No caso de que aínda algún atrasado non teña o dorsal único do circuíto poderao atopar tamén á súa disposición. O servizo estará dispoñible de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas. O domingo 10, ata unha hora antes do comezo de cada carreira, tamén se poderán retirar no mesmo lugar.

Como habitualmente se vén realizando e atendendo ás demandas das persoas participantes, os corredores poderán dispoñer dun servizo gratuíto de roupeiro no propio Polideportivo de San Diego a partir das 9.00 h e ata a finalización da última carreira.

En canto aos horarios das probas lembramos que son os seguintes:

CATEGORÍA

HORA

DISTANCIA

Absoluta

10:00 h.

7.575 m. aprox.

Xuvenil

11:15 h.

2.430 m. aprox.

Cadete

11:15 h.

2.430 m. aprox.

Infantil

11:30 h.

1.620 m. aprox.

Alevín

11:45 h.

810 m. aprox.

Benxamín

11:55 h.

810 m. aprox.

Pitufos

12:00 h.

150 m. aprox.

Dada a data de realización da III Volta a Oza, e prevendo a posibilidade de calor, instalarase un punto intermedio de avituallamento con auga, que estará situado na rúa Javier López López.

Unha vez completado o percorrido todos os deportistas, dende os 7.575 metros dos absolutos aos 150 metros dos pitufos recibirán avituallamento, tanto líquido como sólido, para mellorar a recuperación tras o esforzo, grazas á colaboración de Horno San Brandán, Gadis e Coca Cola. Nesta carreira tamén recibirán unha invitación para gozar do Complexo Deportivo de San Diego, xentileza de Supera.

Ademais, dende ese momento, terán á súa disposición as duchas do Complexo Deportivo, ás que poderán acceder mostrando o seu dorsal.

Anunciarase por megafonía o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público, nun espazo próximo ao palco onde terá lugar a entrega de trofeos ás 12.15 horas. Recoméndaselles aos corredores premiados que se sitúen na zona próxima onde se realizará a entrega.

Tras a carreira e o esforzo, a través do escaneado do código QR que posúen todos os dorsais poderase acceder aos tempos oficiais, tanto absolutos como netos. Tamén estará dispoñible posteriormente o vídeo que rexistra a chegada de cada atleta. A outra opción é consultalos a través dun ordenador ou de calquera dispositivo móbil á páxina web dos cronometradores: www.championchipnorte.com.

Máis aló da xornada de competición, todas as persoas participantes poden facer uso cando o desexen de diferentes sistemas de comunicación coa organización. A través deles poden formular calquera cuestión que xurda relativa ao circuíto ou a carreira. Dende esta mesma páxina web, á conta de Twitter @CorunaCorre, pasando polo correo electrónico carreraspopulares@coruna.es ou o teléfono 981 18 98 00 (Extensión 25036 - 25025).

Coruña Corre afronta a súa última carreira, e botará de menos os seus auténticos protagonistas cando termine a Volta a Oza, non obstante procurará deixarlles a corredores e corredoras un bo sabor de boca e ganas de que chegue a terceira edición.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión