Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de setembro de 2014

A túa camiseta, a túa carreira: Coruña10

A oitava edición de Coruña10 volverá encher as rúas de corredores que portarán orgullosos as súas camisetas con motivo da carreira do próximo 5 de outubro e que conseguirán ao inscribirse na proba. Este ano estreamos novo lema: "Esta é a miña", facendo referencia ao carácter dunha cita que congrega tanto a grandes campións como a corredores populares de calquera nivel. Os que o desexen poderán adquirir a súa camiseta en galego, e para iso deberanse inscribir antes do 15 de setembro, indicándoo no seu formulario de inscrición.

Coruña10 continúa perfilando a súa oitava edición para que a proba que se disputará nas rúas da cidade herculina volva ser un éxito de participación e cumpra as expectativas dos corredores. Estes ao inscribirse recibirán coma en pasadas ocasións a camiseta oficial da carreira, que estrea novo lema este ano: “Esta é a miña” en tipografía negra acompañada dos logos dos patrocinadores e organizadores da dita carreira, mentres na parte dianteira irá situado o logo de Coruña10 e a data. Así mesmo, todos os corredores que o desexen, poderán adquirir a súa camiseta en galego. Para iso deberán realizar a súa inscrición antes do 15 de setembro e indicar no formulario esta circunstancia.

A frase ilustra o espírito de #Coruña10, unha competición ao alcance de diferentes niveis, cuxo signo de identidade é un trazado rápido, alcanzable a diferentes corredores e no que os runners gozan. A irmá pequena de Coruña21 e Coruña42, moitas veces a primeira carreira á que se enfrontan os cada día máis deportistas que se inician no apaixonante mundo do running. Un percorrido no que ademais o ano pasado competiron grandes atletas como Lolo Penas, Alejandro Fernández, Huracán Hurtado, Paula Mayobre, Solange Pereira e Yolanda Gutiérrez. Unha oportunidade para chegar á meta nun ambiente festivo e onde profesionais e populares gocen. A túa carreira, Coruña10.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión