Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de marzo de 2015

A proba máis multitudinaria, a Nocturna Torre Hércules, presenta as súas galerías

A competición, que marcaba o meridiano do circuíto de Carreiras Populares #CoruñaCorre, contou con máis de 4000 inscritos, coroou a Paula Mayobre e Raúl Fernández e deixou unha colección de imaxes para o recordo na retina do numeroso público asistente que agora vos presentamos.

A #NocturnaTorreHércules-Trofeo José Antonio Varela Calviño congregou máis de 3000 corredores, tanto na proba absoluta, coma no resto de carreiras de menores, e marcou de forma triunfal o ecuador do circuíto de Carreiras Populares #CoruñaCorre. Na competición, na que repetiu triunfo a aresá Paula Mayobre e onde se impuxo Raúl Fernández Hernández, transcorreu por un trazado de 6675 metros que culminou na Torre de Hércules, que guiou os pasos dos 2106 finisher da absoluta e regalounos centos de imaxes recollidas nestas galerías. Ademais, as fotos deixaron constancia do aumento imparable da participación feminina, co 31% de finisher mulleres.

Os fotógrafos da organización souberon captar o esforzo das persoas corredoras, a súa alegría, o seu esforzo e o seu decoro nun marco incomparable co mar e o milenario faro como testemuña. Antes da competición absoluta, que comezou xusto tres minutos antes da posta de sol e que recibiu os seus primeiros clasificados cando os raios do astro rei xa se apagaron, tivemos as carreiras de menores, dende xuvenís ata pitufos.

Estas competicións volveron deixarnos as instantáneas máis divertidas e tenras, sobre todo no apartado de pitufos, nacidos dende o 2008 e anos posteriores, cos pequenos corredores vencendo os 150 metros que os separaban da meta. A saída, marcada con confeti, e as caras de felicidade dos novos participantes e dos seus pais, que acompañaron na súa primeira carreira os máis pequenos, deixaron a nota máis festiva dunha xornada onde tamén houbo lugar para a competición máis disputada no resto de carreiras de menores.

#NocturnaTorreHércules volveu demostrar o bo momento que vive o running en Coruña e confirma o meridiano do circuíto de Carreiras Populares #CoruñaCorre. A próxima cita, a Baixada de San Pedro de Visma, o próximo 28 de xuño.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión