Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de outubro de 2014

A Popular Novo Mesoiro axusta os percorridos da proba absoluta e cadete e xuvenís

O trazado da competición absoluta presenta o seu percorrido definitivo, de 5.535 metros, despois de que a organización, tras estudar a dureza do circuíto, a mobilidade do barrio e as opinións do Club Marineda Atlético e a Asociación de Veciños de Novo Mesoiro establecese pequenas variacións nel.

A Popular Novo Mesoiro xa conta cos seus trazados definitivos en todas as súas categorías. A organización do circuíto de Carreiras Populares #CoruñaCorre presenta os percorridos finais da proba absoluta e da proba xuvenil e cadete, tras realizar modificacións en ambos os trazados. Dende a organización traballouse en varias propostas e borradores de percorridos, atendendo a diferentes criterios de dureza e distancia do circuíto, os obxectivos do propio #CoruñaCorre e aspectos fundamentais como a mobilidade, tendo en conta que en Novo Mesoiro cóntase cun único acceso principal a el. Así mesmo, a organización, tendo en conta as suxestións dos corredores da proba, o club organizador, Marineda Atlético e a Asociación de Veciños de Novo Mesoiro estableceu as pertinentes variacións, buscando que o trazado se adapte a todos os corredores e niveis.

No caso da proba absoluta, cuxa saída será ás 10.00 horas, o seu trazado redúcese, sendo a distancia para superar finalmente de 5.535 metros, eliminando o segundo paso polas rúas Fragas do Eume e Ribeira Sacra. Deste xeito a carreira realiza unha volta pequena polo parque e unha volta grande. Mentres, con respecto ao percorrido da carreira conxunta de xuvenil e cadete, a súa modificación atende só á forma de tomar unha rotonda, polo que a distancia prevista para as 11.15 horas, queda finalmente a 2.325 metros.

Mantéñense distancias e trazados para as diferentes carreiras: infantil feminino (11.35) e infantil masculino (11.50), ambos os circuítos de 1600 metros; alevín feminino (12.05) e alevín masculino (12.15), aproximadamente 800 metros; benxamín feminino (12.25) e benxamín masculino (12.35), aproximadamente 800 metros e pitufos (12.50) unha distancia de arredor de 150 metros.

A #PopularNovoMesoiro escoitando as demandas dos corredores e consciente da importancia de que o trazado se adapte a todos os niveis, estableceu variacións tanto na proba absoluta como na xuvenil e cadete, porque o fundamental é que todos os runners poidan gozar da carreira e cruzar a meta o próximo 2 de novembro.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión