Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de abril de 2014

A Pasta Party, enerxía para o corredor de Coruña42

O vindeiro sábado 26 de abril a partir das 13.00 h con motivo da Exporunning, que se realiza este ano en Palexco, grazas á colaboración entre Concello da Coruña a través da súa Concellería de Deportes e o restaurante Cambalache, Coruña42 quérelles ofrecer ás persoas participantes tanto do maratón como da 10K a oportunidade de gozar dunha Pasta Party nun marco incomparable, un evento que nace coa idea de lles proporcionar aos corredores o principal combustible para afrontar tanto o 42195 Km como o 10K: os hidratos de carbono.

A Pasta Party do próximo sábado 26 de abril quere ser un grande evento culinario inesquecible, onde os runners gocen dun suculento menú e nun enclave con espectaculares vistas á baía da Coruña. Con todo, a organización de Coruña 42 é consciente da importancia que ten a sobrecarga de hidratos para o deportista, por iso lle quere brindar ao corredor un buffet variado e completo, con diversidade de alternativas que se adecúen ao gusto de cada un, e que permitan á súa vez que os familiares que os acompañasen teñan outras opcións.

Partimos da base de que os hidratos de carbono son o principal combustible enerxético para o músculo durante o exercicio, é fácil pensar que optimizando as nosas reservas de glucógeno (forma na que se almacenan os hidratos de carbono no organismo) mellorará o noso rendemento deportivo. Algúns dos principais argumentos na necesidade de inxerir carbohidratos son os seguintes:

  • Son o combustible da vida. Os hidratos de carbono son sustancias producidas polos vexetais mediante a función clorofílica. Utilízanse para formar sustancias de reserva: almidón (vexetais) e glucóxeno (animais). A súa combustión no organismo produce: movemento, traballo, pensamento.
  • Os carbohidratos achegan sabor, textura e variedade á comida. Constitúen por si mesmos a fonte principal de enerxía alimentaria de calquera dieta. En calquera das súas presentacións (azucres sinxelos, féculas, polisacáridos e fibras), son un dos tres principais macronutrientes que proporcionan enerxía ao corpo humano…

O obxectivo de calquera corredor é lograr maximizar as reservas de glucóxeno muscular antes dunha proba de resistencia prolongada para que logren “tirar” en momentos clave da carreira e atrasar ao máximo a aparición da fatiga e caída do rendemento. Dende hai moitos anos que se coñece que as altas inxestas de hidratos de carbono melloran a capacidade do músculo para ser capaces de realizar exercicios de longa duración a un intensidade submáxima.

Para poder ofrecer un servizo de calidade a organización decidiu establecer unha capacidade limitada dunhas 1400 persoas; a capacidade do restaurante será de 400 comensais e irase accedendo ao restaurante segundo vaian quedando mesas libres, o límite de entrada será ata as 16.30 h.

A inscrición realizarase a través de Championchipnorte e para que as reservas se fagan dunha forma responsable establecéronse uns prezos simbólicos, en función dos prazos establecidos. Neste primeiro tramo de inscrición, ata as 24 horas, a contía será de 1 euro para os corredores de maratón e 3,5 euros para os de 10k.

No segundo prazo, que finalizará ás 24.00 horas do 24 de abril, o prezo será de 2 euros para os maratonianos e 4,5 euros para os atletas do 10k. Poderanse levar un máximo de 5 acompañantes, e os prezos serán de 7,5 euros no primeiro prazo de inscrición e de 8,5 no segundo. Para aqueles corredores que queiran vir cos seus fillos, haberá un menú infantil para menores de 10 anos, o seu prezo será de 4,5 euros no primeiro prazo e de 5,5 euros no segundo.

Querémoste convidar a que nos acompañes a esta gran festa, a Pasta Party, un grande evento culinario que non podes perder. Coruña 42 quérelles ofrecer aos seus corredores a posibilidade de degustar un menú exquisito e variado nun dos mellores lugares da cidade, para poder gozar das marabillosas vistas que nos ofrece o Mar Atlántico.

AQUÍ COMEMOS ASÍ.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión