Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de xaneiro de 2015

A nocturna da Torre, próxima cita do Circuíto.

Chegamos ao ecuador do circuíto, onde demostrastes carreira tras carreira que A Coruña corre cada vez máis, e volvemos coa espectacular carreira nocturna da Torre de Hércules que nos espera o 28 de marzo.

A terceira proba do Circuíto Coruña Corre, que se disputará o próximo 28 de marzo xa abriu o prazo de inscrición, e como xa vén sendo habitual realizarase nun máxico ambiente nocturno, baixo a guía da luz do faro milenario. A carreira percorrerá o Paseo Marítimo dende a explanada situada ao pé da Torre de Hércules, ata as Ánimas no Castelo de San Antón e retorno ata a meta, á que chegaremos tras o ascenso á última rampla de subida, ao pé da Torre de Hércules, o que proporcionará unha grande espectacularidade ao levarse a cabo coa iluminación do monumento en todo o seu esplendor e arroupados polos aplausos dos numerosos espectadores, situados ao longo da subida.

A carreira arrincará ás 19.50 horas na categoría absoluta, e percorrerá unha distancia de 6.590 metros. O resto de categorías sairán ás seguintes horas:

  • Xuvenil e cadete: 17.15 horas, 2.300 metros.
  • Infantil feminino: 17.40 horas, 1.600 metros.
  • Infantil masculino: 17.55 horas, 1.600 metros.
  • Alevín feminino: 18.10 horas, 800 metros.
  • Alevín masculino: 18.20 horas, 800 metros.
  • Benxamín feminino: 18.30 horas, 800 metros.
  • Benxamín feminino: 18.40 horas, 800 metros.
  • Pitufos: 18.55 horas, 150 metros.

As persoas interesadas en participar na proba pódense inscribir ata o luns 23 de marzo ás 23.30 horas a través do seguinte enlace, ademais tamén o poderán realizar de forma presencial na oficina de Viajes El Corte Inglés da Casa da Auga.

Tras esta proba do circuíto Coruña Corre, as seguintes que se realizarán serán:

  • VIII Baixada popular de cros San Pedro de Visma. 28 de xuño de 2015 (6.490 metros).
  • III Carreira popular Ventorrillo. 12 de xullo de 2015 (5.065 metros).
  • IV Carreira popular Volta a Oza. 9 de agosto de 2015 (7.552 metros.)
No medio destas carreiras do circuíto, poderemos gozar das grandes probas de longa distancia da nosa cidade, como son a Coruña21 o 22 de febreiro e a Coruña42 o 19 de abril. Comeza este ano con enerxía! porque temos preparado un inicio moi esixente. Prepárate para gozalo!

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión